Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

Quen pode participar?

Calquera, dende nenos que se acheguen cos seus pais ata grupos para os que se realice unha planificación (grupos de colonias ou campamentos de verán).

Volver a menú

Cando?

Durante os meses de xullo, agosto e primeira semana de setembro

Volver a menú

Onde?

Os puntos de encontro para estas actividades serán visibles no areal de Riazor. Dispoñemos dunha caseta destinada a Educación Ambiental rotulada xunto ás casetas de socorrismo.

Volver a menú

Cantas prazas?

Sen límite de prazas. Para os grupos de colonias ou campamentos de verán é precisa a coordinación previa.

Volver a menú

Que prezo ten?

As actividades son gratuítas.

Volver a menú

Como e cando inscribirse?

Para as actividades nas praias abonda con chegar uns minutos antes. Para os grupos, colonias ou campamentos de verán fixarase un horario coas súas persoas responsables. Para as actividades en aulas interiores publicarase o calendario o primeiro día de xuño nesta web.

Se queres máis información, contacta coa empresa responsable do contrato de educación ambiental en:

Correo electrónico: educacionambiental@coruna.es

Teléfono: 981 903 834

Tamén te podes dirixir ao Servizo de Medio Ambiente:

R/ Pedro Ferrer s/n

Edificio Casa da Auga 5ª planta

15011 A Coruña

Tel.: 981 184 315

Volver a menú

A que hora?

En horario de mañá e tarde. Nos puntos nos que se realice haberá sinalización identificativa da actividade cos seus correspondentes horarios.

Volver a menú

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión