Destinatarios:
Duración:
180 minutos
Descrición:
I. A ruta dos alimentos
A cantidade de materiais utilizados na elaboración dun produto ao longo do seu ciclo de vida constitúe a súa "mochila ecolóxica". Coñecela permitiranos valorar a importancia do impacto ambiental que teñen os nosos hábitos de consumo.
II. A compra ecolóxica
Todos mercamos produtos a diario, pero poucas veces nos paramos a pensar como inflúen os nosos hábitos de compra no medio ambiente. Nesta charla aproximarémonos a unha compra responsable ambientalmente.
III. Os produtos do fogar
Trataremos de descubrir os riscos e problemas ecolóxicos de diferentes produtos comúns no noso fogar. O desenvolvemento de hábitos de compra racionais e responsables co medio ambiente é o obxectivo.
Destinatarios:
Duración:
180 minutos
Descrición:
I. Envases ecolóxicos... e que non o son
O obxectivo do envase ecolóxico é crear un paquete que minimice o impacto que a súa existencia ten no medio ambiente, como tamén deseñalo para que poida ser reutilizado (reciclado) logo de que o produto no seu interior fose usado ou consumido. Aprendamos a identificar que é e que non o é.
II. O uso sustentable da auga
A auga é imprescindible para o ser humano, xa que o necesitamos para a maioría das nosas actividades. Pero tamén sabemos que a auga é un ben escaso e a súa dispoñibilidade está relacionada coa calidade de vida. De aí a importancia de concienciarnos da importancia e necesidade de fomentar un uso eficiente e sustentable.
III. Canta enerxía gastas?
A medida que unha sociedade se fai máis desenvolvida consome máis enerxía, pero non sempre o fai de maneira eficiente. Os diferentes electrodomésticos teñen distintos consumos e non todos están recomendados para os mesmos usuarios. Ademais do aforro económico que nos poida supoñer unha boa elección, o malgaste enerxético contribúe ao cambio climático.
Destinatarios:
Duración:
180 minutos
Descrición:
Ten por obxecto analizar en forma de posta en común as diferentes accións desenvoltas por distintas administracións para minimizar a produción de residuos no fogar e a súa importancia dentro do proceso de tratamento dos residuos urbanos.Destinatarios:
Duración:
180 minutos
Descrición:
Talleres, xogos e vídeos introdúcennos en bos hábitos no fogar dende un punto de vista do aforro enerxético e protección ambiental (produción de residuos, consumo eléctrico...). A través deles valoraremos mellor a importancia das nosas decisións dende ambos os puntos de vista.
Destinatarios:
Duración:
180 minutos
Descrición:
A Estratexia contra o cambio climático da Coruña recolle que “a loita contra o cambio climático xa non é unha cuestión doutros” e que as cidades teñen que poñer en marcha unha serie de medidas “que fixen o camiño adecuado para reducir as emisións dos gases de efecto invernadoiro que contribúen a empeorar a nosa situación de calidade ambiental a nivel local e que e incide como contribución alícuota a nivel global. A Estratexia contra o cambio climático da cidade da Coruña é un instrumento estratéxico de planificación e coordinación que define os obxectivos e deseña as actuacións para a súa consecución nun horizonte definido, o ano 2020”. Este curso pretende dar a coñecer con sinxeleza e claridade expositiva, os inicios e as causas, pero tamén as solucións, a este grave problema ambiental que nos afecta a todos.Primeira xornada.
I. Historia do descubrimento e a descrición do cambio climáticoSegunda xornada.
I. O cambio climático: estado actual e previsiónsTerceira xornada.
I. Consecuencias actuais e previstas do cambio climático en EspañaCuarta xornada.
I. Como e canto contribúe A Coruña ao cambio climático?Destinatarios:
Duración:
180 minutos/xornada
Descrición:
O Concello da Coruña veu mostrando unha gran sensibilidade coa sustentabilidade e co medio ambiente. Froito diso son, entre outras medidas, a posta en marcha da Estratexia Contra o Cambio Climático da Coruña e a Rede de Enerxía Sustentable da Coruña. Partindo dunha exposición previa farase unha posta en común coas persoas participantes que sirva para o intercambio de experiencias entre os membros da Rede.
Formúlanse as seguintes xornadas técnicas:
Destinatarios:
Duración:
180 minutos/xornada
Descrición:
Todas as cidades producen impactos ambientais. Partindo da información dispoñible, poñerase en común cómo nos afectan as nosas propias actuacións e valoraranse as accións dos diferentes plans de xestión municipais:
Falamos?
Dende o 15/11/2024 ata o 31/12/2024
Dende o 31/01/2024 ata o 31/12/2024
Dende o 05/10/2022 ata o 31/12/2030
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible