O Concello promove dende o ano 2008 unha rede local denominada "Rede de Enerxía Sostible da Coruña", creada dentro dun dos paquetes de traballo dos que se compoñía o proxecto europeo PRACTISE ENERGY, no que participou o Concello da Coruña dentro do programa Intelligent Energy.
O obxectivo da Rede de Enerxía Sostible é promover a práctica de pequenas accións que fomenten un uso eficiente e racional das fontes enerxéticas. A finalidade é reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro nas actividades profesionais. Por iso, os actores sociais do territorio municipal (universidade, pemes, colexios profesionais, asociacións,…) desenvolven cursos, conferencias, encontros e foros. Pódense consultar as condicións para unirse á Rede de Enerxía Sostible no enlace que indicamos máis abaixo.
Outros contidos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible