A educación ambiental, dende o punto de vista metodolóxico, formula a necesidade de desenvolverse a través de procedementos que sexan coherentes coas súas bases éticas e conceptuais. Por iso, parte do suxeito que aprende para construír o coñecemento, concibindo a aprendizaxe como un proceso, no que o intelectual e o afectivo están estreitamente vinculados, educando en termos de relación, interacción e interdependencia, partindo do próximo para chegar a un pensamento global.
A educación ambiental como unha educación en valores que debe desenvolver estratexias de modificación de conduta: os dilemas morais, a clarificación de valores a través dos xogos de simulación ou as dramatizacións, os exercicios de roles, as vivencias persoais, a investigación… Son ademais as ferramentas coas que contarán estes proxectos educativos.
A elección dos temas ou centros de interese deben estar localizados na contorna próxima. Así, hai que optar por cuestións locais, que afecten directamente á vida dos cidadáns ou da súa comunidade, sen perder a perspectiva global; esta concepción recóllese perfectamente no Informe Brundland: pensar globalmente, actuar localmente.
O medio ambiente é o resultado da interacción no tempo e no espazo de factores biolóxicos, físicos, económicos, sociais e políticos, polo que a súa comprensión require o estudo dos seus elementos e interaccións entre eles.
A introdución da educación ambiental (EA) no sistema educativo abórdase dende unha perspectiva transversal, co fin de que impregne todas as áreas do currículo dende os primeiros niveis. Así, ten que ter en conta:
Dende a administración local, o reto consiste en ofertar un conxunto integrado de recursos destinados especificamente aos centros de ensino para desenvolver aqueles obxectivos que nos seus proxectos educativos se formulan no marco da EA. Por tal motivo, o labor do Servizo Municipal de Medio Ambiente é dobre:
Co Programa de Educación Ambiental que se formula dende o Concello da Coruña, establécese un estreito vínculo entre as actuacións de xestión municipal e o coñecemento que delas teña a comunidade escolar e, por extensión, a poboación en xeral, así como unha mellora da participación directa nos temas que se formulan.
Coñecementos: axudarlles ás persoas e aos grupos sociais a adquirir unha comprensión básica do medio ambiente na súa totalidade, dos problemas conexos e da presenza e función da humanidade nel, o que entraña unha responsabilidade crítica.
Actitudes: axudarlles ás persoas e aos grupos sociais a adquirir valores sociais e un profundo interese polo medio ambiente, que os impulse a participar activamente na súa protección e melloramento.
Aptitudes: axudarlles ás persoas e aos grupos sociais a adquirir as aptitudes necesarias para resolver problemas ambientais.
Capacidade de avaliación: axudarlles ás persoas e aos grupos sociais a avaliar as medidas e os programas de educación ambiental en función dos factores ecolóxicos, políticos, económicos, sociais, estéticos e educacionales.
Participación: axudar ás persoas e aos grupos sociais a que desenvolvan o seu sentido de responsabilidade e a que tomen conciencia da urxente necesidade de prestar atención aos problemas do medio ambiente, para asegurar que se adopten medidas adecuadas respecto diso.
Pola súa banda, a Estratexia Galega de Educación Ambiental (2000) entende que as propostas en materia de Educación Ambiental deben satisfacer os seguintes obxectivos:
Por último, a Axenda 21 non é senón un marco estratéxico dirixido a un obxectivo final: o desenvolvemento sostible local e global. Esta meta só pode ser acadada a través do establecemento duns obxectivos específicos para cada comunidade local.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible