Realización:
Desde outubro ata xuño.
Data de inscrición:
Segundo convocatoria anual (WEB EDUCATIVA)
Colectivo ao que vai dirixido:
Alumnado de 3er ciclo de E. Primaria, 1º e 2º de E.S.O. e E. Especial.
O ser humano, coas súas actividades, altera e modifica o ritmo da atmosfera ata tal punto que, en moitos dos casos, a consecuencia é unha elevada contaminación, e isto ten unha gran repercusión nos seres vivos.
Pero cando falamos de contaminación atmosférica, que significa? O primeiro no que todos pensamos é na contaminación do aire, é dicir, cambios na composición química da atmosfera debidos á existencia de gases e compostos nocivos para a nosa saúde, aparición de choiva aceda, destrución da capa de ozono, efecto invernadoiro, etc. Pero tamén o ruído é un dos axentes contaminantes máis importantes, tamén existe unha contaminación acústica.
Obxectivos do programa:
Descrición:
O Programa desenvólvese en base ás seguintes actividades:
O Aire que nos rodea. | |||||
Destinatarios | 3er ciclo de E. Primaria, 1º e 2º de E.S.O. e E. Especial. | ||||
Actividades | Duración | Idade preferente | |||
Audiovisual interactivo (a elixir un) | A contaminación atmosférica. | 60 min |
|
||
A contaminación acústica e lumínica. | 60 min | 1º e 2ºde E.S.O.. | |||
Actividade na aula (a elixir unha) | Mapa acústico. | 60 min | 1º e 2ºde E.S.O.. | ||
Xogamos a coidar o aire. | 60 min | 3er ciclo E.P. | |||
O sistema de control do aire da Coruña (Parque de Santa Margarita). | 90 min | 3er ciclo E.P., 1º e 2ºde E.S.O. | |||
Material de Apoio. | Manual do profesor. | ||||
Manual do alumno. | |||||
Secuenciación preferente | De outubro a xuño. |
Outros contidos relacionados
Realización:
Desde outubro ata xuño.
Data de inscrición:
Segundo convocatoria anual (WEB EDUCATIVA)
Colectivo ao que vai dirixido:
Alumnado de 2º e 3er ciclos de E. Primaria e de E. Especial.
A auga é un dos principais recursos para a vida e o seu abastecemento e uso é vital para o funcionamento de calquera fogar, industria ou servizo.
O circuíto xeral da auga nunha cidade desenvólvese desde a súa captación ata a súa depuración final antes de ser vertida, pasando pola súa canalización, potabilización, distribución, etc. De forma habitual os usuarios obviamos este proceso e apenas prestamos atención a todo este ciclo, agás cando carecemos de auga. Como utilizamos este recurso? Que consecuencias se producen coas nosas actitudes?
Obxectivos do programa:
Descrición:
O Programa desenvólvese en tres sesións diferentes:
A ruta da auga na Coruña | ||||
Destinatarios | 2º e 3er ciclos de E. Primaria e de E. Especial | |||
Duración | Idade preferente | |||
Actividades | Audiovisual (a elixir un) | A ruta da auga na Coruña | 60 min | 2º e 3er ciclo E.P. |
Auga a medida. | 60 min | 3er ciclo E.P. | ||
O río Mero. | 60 min | 2º e 3er ciclo E.P. | ||
Visita guiada (a elixir unha) | Encoro de Abegondo-Cecebre. | 90 min | 2º e 3er ciclo E.P. | |
Planta potabilizadora da Telva. | 90 min | 3er ciclo E.P. | ||
De expedición polo río Mero. | 120 min | 2º e 3er ciclo E.P. | ||
Actividade na aula (a elixir unha) | Gran xogo “A auga na Coruña”. | 60 min | 2º e 3er ciclo E.P. | |
Obradoiro de experimentación “Experimentos coa auga”. | 60 min | 3er ciclo E.P. | ||
Obradoiro de investigación: “Entrevistas co Mero”. | 60 min | 2º e 3er ciclo E.P. | ||
Material de apoio. | Manual do profesor | |||
Manual do alumno | ||||
Secuenciación preferente | De outubro a xuño. |
Outros contidos relacionados
Realización:
Desde outubro ata xullo.
Data de inscrición:
Segundo convocatoria anual (WEB EDUCATIVA)
Colectivo ao que vai dirixido:
Alumnado de 3er ciclo de E. Primaria, 1º e 2º de ESO. e E. Especial.
O tratamento dos residuos urbanos (RU) é un servizo obrigatorio que han de prestar os municipios con poboación superior aos 5.000 habitantes, e constitúe un dos principais retos para as corporacións locais actuais.
Nos últimos anos, a forma de xestionar os refugallos cambiou de forma significativa, orientándose neste momento cara á reciclaxe e o aproveitamento enerxético, de conformidade coas directrices europeas. Esta materia, o Concello da Coruña coa xestión integral dos seus residuos na planta de Nostián, prima a reciclaxe e a compostaxe da materia orgánica, dándolle un novo valor a todo o que nos sobra. Para o éxito dunha xestión baseada na separación en orixe e na recollida selectiva, é fundamental a participación de toda a poboación. A información e a formación deben ser un labor prioritario. Esa é a función do programa de educación ambiental.
Obxectivos do programa:
Descrición:
O Programa desenvólvese en tres sesións diferentes:
Os Residuos Urbanos na Coruña | |||||
---|---|---|---|---|---|
Destinatarios | 3er ciclo de E. Primaria, 1º e 2º de ESO. e E. Especial. | ||||
Duración | Idade preferente | ||||
Actividades | Audiovisual (a elixir un) | O valor dos residuos. | 60 min | 3er ciclo E.P. | |
Os residuos na Coruña. | 60 min | 1º e 2º E.S.O. | |||
Actividade na aula (a elixir unha) | Xogamos a reciclar. | 60 min | 3er ciclo E.P. | ||
Xogo “Separa e gana”. | 60 min | 3er ciclo E.P. | |||
Taller de investigación “Exame aos plásticos”. | 60 min | 1º e 2º E.S.O. | |||
Xogo de simulación “O destino dos residuos”. | 60 min | 1º e 2º E.S.O. | |||
Visita guiada (a elixir unha) | Planta de Tratamento de Residuos Nostián. | 90 min | 1º e 2º E.S.O. | ||
Parque de Bens (vertedoiro selado). | 60 min | 1º e 2º E.S.O. | |||
Punto limpo. | 60 min | 3er ciclo E.P. | |||
Material de apoio | Manual do Profesor. | ||||
Manual do Alumno. | |||||
Secuenciación preferente | De outubro a abril |
Outros contidos relacionados
Realización:
Desde outubro ata xuño.
Data de inscrición:
Segundo convocatoria anual (WEB EDUCATIVA)
Colectivo ao que vai dirixido:
Alumnado de E. Infantil de 4 e 5 anos, 1er ciclo de E. Primaria e de E. Especial.
Os que máis saben, din que só se quere, coida e respecta aquilo que se coñece. Por iso encamiñamos os obxectivos deste Programa de Educación Ambiental a dar a coñecer o noso medio natural máis próximo aos máis novos.
Saber o por que e o como dos diferentes ecosistemas que nos rodean. Identificar algúns dos seres vivos que nos acompañan neste pequeno anaco de terra chamado A Coruña. En definitiva, coñecer un pouco máis aos nosos compañeiros de convivencia, a biodiversidade que se move ao redor de nós.
Obxectivos do programa:
Descrición:
O presente programa escolar baséase nunha serie de itinerarios interpretativos guiados por diferentes espazos naturais da nosa cidade, complementados con actividades na aula.
Vexo, vexo | |||||
Destinatarios | E. Infantil de 4 e 5 anos, 1er ciclo de E. Primaria e de E. Especial | ||||
Duración | Idade preferente | ||||
Actividades | Audiovisual | A natureza na cidade. | 60 min | 1er ciclo de E.P. | |
Itinerario guiado (a elixir un) | Monte San Pedro. | 90 min | E.I. 4 e 5 anos | ||
Punta Herminia. | 90 min | 1º curso E.P. | |||
Lagoa de Eirís. | 90 min | 2º curso E.P. | |||
Actividade na aula (a elixir unha) | Audiovisual e obradoiro correspondente ao itinerario elixido. | 30 min | E.I. 4 e 5 anos e 1er ciclo E.P. | ||
Xogo: As illas verdes. | 60 min | 1er ciclo de E.P. | |||
Material de apoio. | Manual do profesor | ||||
Manual do alumno | |||||
Secuenciación preferente | De marzo a xuño. |
Outros contidos relacionados
Realización:
Desde outubro ata xuño.
Data de inscrición:
Segundo convocatoria anual (WEB EDUCATIVA)
Colectivo ao que vai dirixido:
Alumnado de ESO. Só para centros educativos do municipio.
A enerxía, nas súas distintas manifestacións, é vital para o desenvolvemento das nosas actividades cotiás. A enerxía somática, que obtemos co metabolismo dos alimentos, sería o primeiro elo. A partir de aí, o resto da enerxía obtémola a partir da transformación dos diferentes recursos: centrais térmicas, hidroeléctricas, nucleares, eólicas...
Durante o último século dependemos fundamentalmente dos combustibles fósiles (carbón e petróleo) para o abastecemento de enerxía. Con todo, as crises do petróleo, o progresivo esgotamento dos xacementos de carbón, as repercusións sobre o medio ambiente do seu uso, etc., volveron a vista cara ás denominadas enerxías renovables, que comezan a gañar peso na sociedade (eólica, solar, hidroeléctrica).
Construír un mundo máis sustentable: esta é a filosofía que o Concello da Coruña aplica ás súas instalacións enerxéticas. As dependencias municipais xa producen máis enerxía da que consomen. Isto conséguese coa posta en marcha de novas tecnoloxías que aproveitan para a produción eléctrica tanto o gas natural como o biogás procedente dos residuos. Novas tecnoloxías, novas aplicacións, que se complementan cun esforzo aforrador e a mellora dos rendementos dos equipos a través de diversas estratexias que inclúen a súa renovación e automatización.
A concienciación dos máis novos representa o noso futuro, é básica para sacar todo o rendemento ás actuacións a favor da eficiencia e aforro enerxético. É necesario que comprendan as novas formas de produción de enerxía e o seu significado para a nosa cidade, que se mentalicen no aforro enerxético.
Obxectivos do programa:
Descrición:
O programa desenvólvese en tres sesións diferentes:
A enerxía que move a miña cidade | |||||
Destinatarios | E.S.O. | ||||
Duración | Idade preferente | ||||
Actividades | Audiovisual interactivo (a elixir un) | Un mundo de enerxías. | 60 min | ESO | |
As enerxías renovables. | 60 min | ESO | |||
Actividades na aula (a elixir unha) | Xogo de simulación “Eólica si, eólica non”. | 60 min | 3º e 4º de ESO | ||
O gran xogo das enerxías. | 60 min | 1º e 2º de ESO | |||
Visita guiada | A planta de coxeneración no antigo vertedoiro municipal de Bens. | 90 min | 1º, 2º, 3º e 4º ESO | ||
Material de Apoio. | Manual do profesor | ||||
Fichas de traballo alumno | |||||
Secuenciación preferente | De outubro a xuño |
Outros contidos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible