Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

Europeas

Eixo Atlántico

A partir de 1985, as redes de cidades experimentaron un enorme auxe, consolidándose na presente década como unha estratexia case obrigada da maioría das cidades grandes e medianas.

Os grandes obxectivos das redes de cidades xiran arredor da necesidade de estruturar un sistema lobby fronte a terceiros, a consolidación de espazos territoriais, económicos, políticos e demográficos mínimos que permitan a xeración e utilización de economías de escala e de aglomeración, así como o desenvolvemento de infraestruturas e actividades punta. Búscase tamén a inserción nun sistema internacional que permita o acceso e utilización dun volume crecente de información e o intercambio de experiencias e tecnoloxías, ademais da obtención de funcións de liderado e a inserción, a través das redes, en espazos de actuación superiores.

A constitución do Eixo Atlántico baseouse legalmente no Convenio-Marco sobre cooperación transfronteiriza entre comunidades ou autoridades territoriais publicado no D.O.C.E. do 16 de outubro de 1990 e que entrou en vigor o 25 de novembro dese mesmo ano. Neste convenio-marco determínanse as condicións para o establecemento de asociacións transfronteirizas de dereito privado.

A Coruña forma parte do Eixo Atlántico xunto con outras 32 cidades de Galicia e Norte de Portugal.

Volver a menú

Pacto dos alcaldes

O Pacto dos alcaldes e alcaldesas é un movemento a nivel europeo no que participan as autoridades locais e rexionais que asumiron o compromiso voluntario de mellorar a eficiencia enerxética, empregar fontes de enerxía renovable nos seus territorios e reducir as emisións de CO2 nos seus respectivos territorios.

Máis información:

Outros contidos relacionados

Volver a menú

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión