A partir da medianoite, empeza a operar o sistema de recollida de lixo. Tres cuartos da frota está composta por vehículos propulsados con gas. Estes camións foron os primeiros da súa categoría en toda Galicia. Son máis eficientes, máis silenciosos e máis ecolóxicos xa que reducen as emisións de CO2.
A recollida estrutúrase en 24 rutas que cobren toda a superficie municipal.
A correcta planificación e xestión das rutas de percorrido permite a recollida dos residuos depositados en todos os colectores. Esta retirada realízase diariamente en horario nocturno, a excepción do 25 de decembro e o 1 de xaneiro.Se por calquera causa se producise algunha anomalía nesta recollida, a cidadanía temos á nosa disposición o teléfono de colaboración cidadá 010, para dar aviso e poder emendar o defecto.
O importante esforzo realizado na dotación de colectores para todo o Concello veu acompañado dunha modernización do material empregado para a retirada dos lixos. Actualmente, a empresa concesionaria do servizo utiliza 48 camións de recollida, organizados para cubrir o servizo.
Entre estes vehículos poderemos atopar unha gran variedade que permite adaptarse ás diferentes situacións existentes na cidade, como por exemplo camións recolectores compactadores, camións de caixa aberta, camións grúa, camións basculantes ou bicompartimentados.Dous deles están dedicados exclusivamente a realizar recollidas especiais, do tipo de retirada de mobles e utensilios voluminosos.
Ademais, están en funcionamento cinco camións lavacolectores. Primeiro realízase un lavado manual exterior do colector e a continuación o camión, automatizado, completa a limpeza interior. Desta forma sanéase o colector e evítase a acumulación de cheiros ou restos.
Cada un destes camións realiza media ruta cada día. Os percorridos de limpeza cóbrense nas noites de domingo a xoves. Desta forma cada colector límpase cunha regularidade de aproximadamente 24 días. O servizo refórzase con ocasión de acontecementos especiais ou en zonas onde é necesario con maior frecuencia, como prazas e mercados. Unha cifra significativa: chéganse a realizar case 200.000 lavados ao ano.
En épocas ou días especiais realízase un reforzo na recollida, por exemplo no Nadal ou despois de festivos e domingos. Nestas datas é cando a xente máis colabora nesta recollida de monomaterial.Tamén nesta fase a participación cidadá é importante, dando aviso de calquera circunstancia ou de colectores saturados, no teléfono de colaboración cidadá 010.
Inicio
Tipo | Nome | Data | Tamaño |
---|---|---|---|
Recorridos RSU - Nº10.pdf | 19/12/2022 | 609.42 Kb | |
Recorridos RSU - Nº11.pdf | 19/12/2022 | 500.87 Kb | |
Recorridos RSU - Nº12.pdf | 19/12/2022 | 595.76 Kb | |
Recorridos RSU - Nº13.pdf | 19/12/2022 | 411.04 Kb | |
Recorridos RSU - Nº14.pdf | 19/12/2022 | 647.51 Kb | |
Recorridos RSU - Nº15.pdf | 19/12/2022 | 644.33 Kb | |
Recorridos RSU - Nº16.pdf | 19/12/2022 | 362.65 Kb | |
Recorridos RSU - Nº17.pdf | 19/12/2022 | 393.42 Kb | |
Recorridos RSU - Nº18.pdf | 19/12/2022 | 960.09 Kb | |
Recorridos RSU - Nº19.pdf | 19/12/2022 | 511.32 Kb | |
Recorridos RSU - Nº1.pdf | 19/12/2022 | 557.02 Kb | |
Recorridos RSU - Nº20.pdf | 19/12/2022 | 411.83 Kb | |
Recorridos RSU - Nº24.pdf | 19/12/2022 | 327.04 Kb | |
Recorridos RSU - Nº2.pdf | 19/12/2022 | 549.47 Kb | |
Recorridos RSU - Nº3.pdf | 19/12/2022 | 628.75 Kb | |
Recorridos RSU - Nº4.pdf | 19/12/2022 | 599.99 Kb | |
Recorridos RSU - Nº6.pdf | 19/12/2022 | 344.46 Kb | |
Recorridos RSU - Nº7.pdf | 19/12/2022 | 294.6 Kb | |
Recorridos RSU - Nº8.pdf | 19/12/2022 | 464.87 Kb | |
Recorridos RSU - Nº9.pdf | 19/12/2022 | 560.66 Kb |
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible