Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

Praia

Entre o 15 de xuño e o 15 de setembro é a temporada alta nos nosos areais. As praias son un dos espazos naturais máis interesantes da nosa cidade, a través delas gozamos de deliciosos baños de sol e mar e permítennos achegarnos á vida que habita nas rochas do litoral ou nos fondos mariños.

Co obxecto de dar cumprimento aos requisitos de Bandeira Azul e manter as actividades de educación ambiental durante a época estival, programaranse actividades durante os meses de verán dirixidas ás praias en concreto e a todo o conxunto do contorno litoral coruñés en xeral.

De acordo cos criterios de Bandeira azul, os obxectivos para alcanzar con estas actividades son:

  • Aumentar o grao de conciencia e de coidado do medio ambiente acuático por parte dos usuarios e habitantes das zonas costeiras.
  • Formación do persoal e os provedores dos servizos turísticos en boas prácticas ambientais.
  • Fomentar a participación/cooperación dos distintos intereses locais na xestión dos recursos da área litoral.
  • Promover a sustentabilidade das actividades recreativas e turísticas na zona.
  • Estimular o intercambio de ideas e esforzos entre Bandeira Azul e outros programas similares.

Débense prever diversos tipos de actividades de educación ambiental vinculadas ás praias e á contorna litoral durante os meses non lectivos do verán.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión