Cada verán A Coruña acode ás súas praias para tomar o sol, a bañarse e a facer exercicio. Os nosos areais son un lugar de encontro non só entre os coruñeses e o mar, senón entre todos nós.
En ocasións organízanse grandes concertos. Outras veces teñen lugar apaixonantes competicións deportivas. A noite de San Xoán, ademais, decenas de miles de persoas acenden nelas as súas fogueiras para continuar así unha tradición ancestral protagonizada pola luz e a algarabía.
As nosas praias son, ao mesmo tempo, o hábitat de numerosas especies animais e vexetais. O seu goce debe ser compatible coa conservación destes ecosistemas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible