Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Coruña Sostenible

Área de Economía y Planificación Urbana

Cuándo:

7 de agosto de 2024

Mellora a recollida de lixo na cidade, con zonas con porcentaxes próximas ao 100%

O reforzo de Valoriza recolleu nas últimas 24 horas 66 toneladas de lixo

A Comisión de Seguimento da emerxencia sanitaria composta pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, a concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Montserrat Paz, e o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, ademais de técnicos municipais das diferentes áreas, fixo seguimento este martes do estado actual da recollida de lixo.

Un total de 54 operarios de Valoriza, empresa de emerxencia que reforza a recollida de residuos na cidade, están a traballar a diario en dúas quendas de limpeza, a consecuencia da ampliación da emerxencia sanitaria a toda a cidade, que entrou en vigor o pasado luns.

Mentres non se normalice a situación, os equipos de Valoriza traballarán en dobre quenda en horario diurno, de 7.15 a 15.15 horas, e de 15.15 a 23.15 horas.

Evolución da recollida polo servizo de emerxencia

Na xornada de onte, a empresa de emerxencia que reforza a recollida de residuos na cidade, Valoriza, recolleu un total de 66,6 toneladas de lixo, sen incidencias.

Desde a posta en marcha da recollida de emerxencia dos residuos acumulados nas rúas, os operarios de Valoriza xa recolleron un total de 814,1 toneladas de lixo.

Un novo incencio nun colector

Na tarde do martes 6 de agosto foi queimado un colector de vidro na rúa Torno, sen incidencias destacables. Desde o pasado 24 de xuño, no San Xoán, o Concello contabilizou 160 contedores queimados intencionadamente nos diversos distritos da cidade, actos vandálicos que, ademais de implicar uns custos duns 400.000 euros para as arcas municipais, tamén están a supoñer afectacións e danos a bens patrimoniais das veciñas e veciños da Coruña.

A folga indefinida, sen traballadores secundando o paro

No décimo día de folga indefinida, segundo confirma a concesionaria, ningunha persoa traballadora secundou o paro, ao igual que nas anteriores xornadas. Por primeira vez desde que comezou o paro, as porcentaxes de recollida rexistran datos que apuntan á normalización do servizo, con cifras próximas ao 100% en varios puntos da cidade.

Porcentaxes de recollida da empresa adxudicataria da pasada noite, por zonas

Así foi, na pasada madrugada, o balance de recollida de lixo por parte da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, Prezero.

Monte Alto: 85%

Cidade Vella: 45%

Pescaría - Centro: 95%

Os Rosales - Labañou: 100%

Estadio: 70%

Ventorrillo - Agra do Orzán: 50%

Sagrada Familia: 95%

A Sardiñeira - Elviña: 85%

Os Mallos: 100%

O Castrillón: 65%

Os Castros: 70%

Matogrande - Eirís: 30%

Mesoiro - Feáns - Valaire: 60%

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión