Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Coruña Sostenible

Área de Economía y Planificación Urbana

Cuándo:

19 de agosto de 2024

O Concello recupera desde hoxe a totalidade dos servizos especiais de recollida de residuos

Desde esta mañá funcionan con normalidade tanto a recollida porta a porta para comercios e hostalaría como a retirada de voluminosos

Tras o cesamento da declaración de emerxencia sanitaria unha vez finalizada a folga de recollida de residuos na cidade, o Concello da Coruña está a recuperar a totalidade dos servizos especiais que presta a hostaleiros, comerciantes e usuarios así como aos polígonos industriais.

Xa funciona con normalidade a recollida porta a porta de cartón e plástico de embalaxes que se realiza polas mañás en días alternos nos polígonos industriais. Así mesmo recupérase desde hoxe a recollida de voluminosos e residuos de aparellos electrónicos (RAES) a través da chamada ao teléfono 010. Se a chamada se realiza antes das 13.00 horas a recollida pode realizarse o mesmo día. Os puntos limpos municipais situados nos Rosales e Eirís mantiveron a súa actividade durante todo o conflito co seu horario habitual.

Por último, desde hoxe volve estar en funcionamento o servizo de recollida porta a porta para establecementos de hostalaría. Cómpre lembrar que en tempada de verán os bares e restaurantes adscritos a este servizo dispoñen dunha dobre quenda (tarde e noite) de recollida diaria de residuos orgánicos e inorgánicos. A recollida porta a porta de envases de vidro realízase pola mañá, de 10.00 a 13.00 horas os luns, mércores, venres e domingos e a de papel e cartón no mesmo horario os martes, xoves e sábados.

A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira lembrou que "calquera información ou incidencia sobre a recuperación dos servizos atenderase no teléfono 010". Neira agradeceu "tanto aos usuarios dos servizos especiais como á cidadanía en xeral a súa comprensión e colaboración durante as pasadas semanas".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión