Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña CULTPRESCO

Axudas de creación artística para artistas individuais empadroados Concello Coruña

Canles:

Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Tramitación electrónica

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Sector público, Cultura e ocio

Vixente:

Si

Axudas de creación artística para artistas individuais empadroados no Concello da Coruña.

Teléfono de información directa: 981 184 200

  • Extensións 12024 e 12038

2021 Axudas de creación artística para artistas individuais empadroados no Concello Coruña no ano 2021 (Liña 3 PRESCO)

Inscricións:

Dende o 01/09/2021 ata o 15/09/2021

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Poderán ser beneficiarios das axudas as persoas físicas e maiores de idade que reúnan os seguintes requisitos

Requisitos:

  • Estar empadroado no concello da Coruña cunha antigüidade de polo menos 2 anos anteriores, computados de forma consecutiva, ao ano en que se realice a solicitude. É dicir, deben estar empadroados na cidade con anterioridade ao día 01/01/2019.
  • Que se atopen ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Tributaria estatal, o Concello e a Seguridade Social.
  • Non estar a cumprir sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa cualificada como grave ou moi grave.
  • Non estar incurso en causa de exclusión ou prohibición para obter a condición de beneficiario de subvencións ( art. 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, de Subvencións).

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Alcaldía

Presentación

Documentación necesaria:

  • Solicitude Específica: Solicitude que deberá cumprimentarse e presentarse no modelo oficial establecido que se insire nesta convocatoria.
  • Documentos identificativos: Fotocopia do DNI ou NIF do solicitante.
  • Certificación dos datos bancarios, expedida pola entidade financeira. (Formulario alta en terceiros).
  • Declaración responsable do cumprimento do requisito de empadroamento na Coruña.
  • Declaración responsable outras axudas ou subvencións: Declaración responsable das subvencións ou axudas solicitadas e as que lle foron concedidas para a mesma actividade procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
  • Declaración responsable de non estar incursos en ningún dos supostos de prohibición para obter a condición de persoa/entidade beneficiaria.
  • Declaración responsable de atoparse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Tributaria estatal, o Concello e a Seguridade Social.
  • Compromiso imaxe institucional: Compromiso de que figure o logotipo do Concello da Coruña, nun lugar visible e de tamaño polo menos equivalente ao logotipo dos seus principais patrocinadores en calquera das actividades realizadas con relación co proxecto presentado.
  • Outra documentación: Os demais contemplados na normativa reguladora.
  • Proxecto: Proxecto, en modelo Anexo I (o máis detallado posible), para o que se solicita a axuda no que se poderán incluír, entre outros, os seguintes puntos:1. Título do proxecto. 2. Breve descrición do proxecto e fundamentación do mesmo. 3. Cronograma de realización do proxecto. 4. Obxectivos do proxecto. 5. Destinatarios, indicando número e características. 6. Contexto social no que se desenvolve. 7. Colaboradores no proxecto. 8. Recursos humanos, materiais e económicos cos que se conta para a realización do proxecto. 9. Ferramentas de comunicación pública do proxecto. 10. Medidas para a atención á diversidade e políticas de igualdade de xénero que se contemplan. 11. Compromiso de utilización de linguaxe non sexista. 12. Medidas para compatibilizar o proxecto co respecto ao medio ambiente e a súa sostibilidade.
  • Orzamento: en Anexo 2, cadro de ingresos e gastos que detallará, da forma máis pormenorizada posible, os ingresos, excluído o importe da axuda solicitada, e os gastos do proxecto para o que se solicita a axuda, sinalando e distinguindo para ambos os conceptos aqueles que dentro do período incluído nesta convocatoria teñan carácter fixo ou xa realizado, e aqueles que sexan estimacións ou previsións. Os ingresos previstos que non teñan carácter público ou natureza subvencional deberán contemplarse e argumentarse adecuadamente. Non se terán en conta as partidas que constitúan gastos non subvencionables, e non se computarán no orzamento nin se terán en conta para a asignación da axuda. En ningún caso a suma dos ingresos, incluída a axuda solicitada, pode superar o total dos gastos orzados. O orzamento deberá reflectir a diferenza entre ingresos e gastos como déficit resultante do proxecto, sendo considerado este déficit como o importe da axuda solicitada.
  • Memoria: Memoria ou curriculum vitae, das actividades artísticas e culturais realizadas polo solicitante, no que veña detallada a súa actividade ou experiencia no ámbito cultural.
  • Carta convite: Cartas de aceptación ou convite. Nos casos de produción de obra nos que se conveña unha exposición, edición, representación etc. Achegarase tamén a carta de compromiso.

Documentos relacionados

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Cubrir o formulario e achegar a demais documentación que se indica na apartado Documentación necesaria.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral, nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Neste caso, deberá enviarse o xustificante de presentación da solicitude por correo electrónico ao enderezo cultura@coruna.gal dentro do prazo establecido, co asunto "Solicitude axudas creación artística A Coruña 2021" e indicando no corpo da mensaxe o lugar e data de presentación e o número de rexistro.

Internet

Que se necesita?:

  • Deberá dispoñer de certificado dixital.
  • Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a subvención que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".
  • No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

  • A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1182

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Con data 2/12/21 asínase a resolución definitiva á concesión das Axudas á Creación artística para artistas individuais empadroados na Coruña , ano 2021 , dentro do plan de reactivación económica da Coruña - PRESCO 2 , o que se publica nesta Sede electrónica , para o seu coñecemento.

Pode consultar o documento da Resolución nos apartado DOCUMENTOS RELACIONADOS, dentro da lapela de PRESENTACIÓN.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Unha vez revisada a documentación achegada e emitido informe pola mesa de valoración, o órgano instrutor formulou proposta de resolución provisional, debidamente motivada. Dita resolución publicouse no taboleiro de edictos electrónico do concello e nela indícase a listaxe de persoas beneficiarias e a puntuación outorgada.

A publicación inicia o cómputo dun prazo para alegacións que será de dez (10 días hábiles), isto é, desde o 9 ao 22 de novembro ambos os incluídos.

As persoas interesadas que desexen formular alegacións, poderán utilizar o procedemento de Sede electrónica Achega de documentación . Así mesmo, para a achega da documentación solicitada na resolución provisional aos beneficiarios, poderán utilizar ese mesma ligazón.

Despois de examinar as alegacións presentadas, o órgano instrutor ditará a proposta de resolución definitiva.

A continuación, as persoas propostas como beneficiarias deberán aceptar ou renunciar á axuda. Entenderase que aceptan dita se, transcorrido o prazo de dez (10) días hábiles, non renunciasen de maneira expresa.

A resolución definitiva publicarase por mesmos medios e lugares que a resolución provisional.

Recursos posibles:

  • Recurso potestativo de reposición.
  • Recurso contencioso-administrativo.
  • No caso de desestimación presunta, que se producirá se no prazo dun mes non se resolveu o recurso de reposición interposto (art. 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas), a interposición do recurso contencioso-administrativo non se suxeita a prazo de caducidade (Sentenza do Pleno do TC STC 52/2014, de 10 de abril).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión