Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

2023 Axudas de creación artística para artistas individuais empadroados no Concello da Coruña ano 2023

Axudas de creación artística para artistas individuais empadroados Concello Coruña

Inscricións:

Pechado

Dende o 09/02/2023 ata o 08/03/2023

Axudas de creación artística para artistas individuais empadroados no Concello da Coruña.

Teléfono de información directa: 981 184 200

  • Extensións 12024 e 12038

Canles:

Telemático

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Sector público, Cultura e ocio

Vixente:

Si

Nivel de tramitacion electronica:

Tramitación electrónica

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

As axudas teñen por obxecto contribuír aos gastos ocasionados pola creación de proxectos artísticos durante o ano 2023 e, como finalidade, promover a investigación, creación, desenvolvemento e difusión de contidos, produtos, programas, actividades e servizos culturais.

Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade que cumpran cos seguintes requisitos:

Requisitos:

  • Estar empadroadas no Concello da Coruña cunha antigüidade de polo menos 2 anos anteriores, computados de forma consecutiva, ao ano en que se realice a solicitude. É dicir, deben estar empadroadas na cidade con anterioridade ao día 01/01/2021.
  • Que se atopen ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Axencia Tributaria Galega, o Concello da Coruña e fronte á Tesourería Xeral da Seguridade Social.
  • Non estar a cumprir sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa cualificada como grave ou moi grave.
  • Non estar incurso nas causas de exclusión ou prohibición para obter a condición de beneficiario/a de subvencións que se refiren no conxunto da normativa reguladora desta convocatoria.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Alcaldía

Presentación

Prazo de presentación:

Con data 10 de abril publicouse no BOP da Coruña o anuncio de apertura do trámite de corrección deste procedemento de Axudas á Creación Artística para artistas individuais empadroados na Coruña no ano 2023.

No documento indícanse as deficiencias detectadas para cada proxecto, que se deberán emendar no prazo de 10 días hábiles, a contar desde o día seguinte á publicación, é dicir, o prazo finaliza o luns 24 de abril de 2023 ás 00.00 horas.

A documentación de corrección que ese presente a través da sede electrónica do Rexistro Municipal deberá realizarse a través do trámite "Achega de documentación a un expediente", onde se deberá indicar o número de expediente que se informa na táboa publicada para cada proxecto, solicitando que se remita ao Servizo de Cultura.

Documentación necesaria:

  • Solicitude específica: solicitude que deberá cubrirse e presentarse no modelo oficial establecido que se inclúe como Anexo I a esta convocatoria.
  • Documentos identificativos: fotocopia do DNI ou NIF da persoa solicitante.
  • Certificación dos datos bancarios, asinada e selada pola entidade financeira. (Formulario alta en terceiros).
  • Certificado de empadroamento no Concello da Coruña actualizado.
  • Certificados de atoparse ao corrente no cumprimento dos seus deberes tributarios coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Axencia Tributaria Galega, o Concello da Coruña e fronte á Seguridade Social.
  • Outra documentación: os demais contemplados na normativa reguladora.
  • Proxecto: proxecto para o que solicita a axuda, no modelo Anexo II (o máis detallado posible), no que se deberá informar dos seguintes puntos:
    • Título do proxecto
    • Cronograma de realización do proxecto
    • Descrición das actividades do proxecto e fundamentación deste
    • Obxectivos do proxecto
    • Persoas destinatarias, indicando número e características
    • Contexto social no que se desenvolve.
    • Colaboradores/as no proxecto (outras persoas, entidades ou apoios)
    • Recursos humanos, materiais e económicos cos que se conta para realizar o proxecto
    • Ferramentas de comunicación pública e publicidade do proxecto
    • Medidas para a atención á diversidade e políticas de igualdade de xénero que se contemplan.
    • Compromiso de utilización da linguaxe non sexista
    • Medidas para compatibilizar o proxecto co respecto ao medio ambiente e a súa sostibilidade
    • Indicación da lingua para utilizar no proxecto
    • Uso do logotipo do Concello da Coruña
    • Se é posible, algunha mostra ou exemplo das actividades (pequenos extractos)
  • Orzamento: no Anexo III, Cadro de ingresos e gastos que detallará, da forma máis pormenorizada posible, os ingresos, excluído o importe da axuda solicitada, e os gastos do proxecto para o que se solicita a axuda, sinalando e distinguindo para ambos os conceptos aqueles que dentro do período incluído nesta convocatoria teñan carácter fixo ou xa realizado, e aqueles que sexan estimacións ou previsións. Deberanse incluír todos os ingresos previstos, teñan ou non carácter público ou natureza subvencional, e deberán contemplarse e argumentarse adecuadamente. Doutra banda, non se terán en conta as partidas que constitúan gastos non subvencionables, e non se computarán no orzamento nin se terán en conta para a asignación da axuda. En ningún caso, a suma dos ingresos, incluída a axuda solicitada, poderá superar o total dos gastos orzados. O orzamento deberá reflectir a diferenza entre ingresos e gastos como déficit resultante do proxecto, sendo considerado este déficit o importe da axuda solicitada, cun máximo de 10.000 €.
  • Memoria: memoria ou curriculum vitae, das actividades artísticas e culturais realizadas polo/a solicitante, na que veña detallada a súa actividade ou experiencia no ámbito cultural. Recoméndase engadir unha mostra do traballo previo.
  • Carta de aceptación ou invitación: nos casos de produción da obra nos que se teña invitación para expoñer, editar, representar etc., presentarase tamén a carta de compromiso ou invitación, se a houber.

Documentos relacionados

Canles de presentación

  • Presencial

    Presencial

    Que se necesita?:

    • Cubrir o formulario e achegar a demais documentación que se indica no apartado Documentación necesaria.

    Como se fai?:

    • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas máis abaixo.
    • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
    • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste caso, deberá enviarse o xustificante de presentación da solicitude por correo electrónico ao enderezo cultura@coruna.gal dentro do prazo establecido, co asunto "Solicitude axudas creación artística A Coruña 2022" e indicando no corpo da mensaxe o lugar e a data de presentación e o número de rexistro.
  • Internet

    Internet

    Que se necesita?:

    • Deberá dispoñer de certificado dixital.
    • Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a subvención que solicita, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".
    • No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

    Como se fai?:

    • A través desta Sede electrónica municipal.

    En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da Sede electrónica:

    a) As persoas xurídicas.

    b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).

    c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

    d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Despois

Prazo de resolución:

Con data 7/8/23 publícase no BOP da Coruña a resolución definitiva das Axudas, o que se publica nesta Sede electrónica, para o seu coñecemento

Pode consultarse o documento da publicación nos apartado DOCUMENTOS RELACIONADOS, dentro da lapela de PRESENTACIÓN.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Con data 10 de abril publicouse no BOP da Coruña o anuncio de apertura do trámite de corrección deste procedemento de Axudas á Creación Artística para artistas individuais empadroados na Coruña no ano 2023.

Finalizado o mesmo, o órgano instrutor formula con data 08/06/2023 proposta de resolución provisional, debidamente motivada, que se publica no taboleiro de anuncios e edictos electrónico do Concello Concello, e na que se indica a relación de persoas beneficiarias e a a puntuación outorgada. Esta proposta está dispoñible no apartado PRESENTACIÓN - DOCUMENTOS RELACIONADOS.

Esta publicación iniciará o cómputo dun prazo de alegacións que será do 09/06/2023 ao 22/06/2023.

Despois de examinar as alegacións presentadas, o órgano instrutor ditará a proposta de resolución definitiva.

As persoas propostas como beneficiarias enténdese que aceptan a axuda concedida se non presentan alegacións contra a proposta de resolución provisional.

A continuación, procederase a tramitar o pagamento anticipado. No caso de que a persoa beneficiaria non desexe que se lle realice o pagamento anticipado, deberá presentar un escrito ante o Servizo de Cultura, por rexistro, no prazo máximo de tres (3) días hábiles a partir do día seguinte ao de publicación da resolución definitiva no BOP.

A resolución definitiva publicarase no BOP e polos mesmos medios e lugares que a resolución provisional.

Recursos posibles:

  • Recurso potestativo de reposición.
  • Recurso contencioso-administrativo.
  • No caso de desestimación presunta, que se producirá se no prazo dun mes non se resolveu o recurso de reposición interposto (art. 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas), a interposición do recurso contencioso-administrativo non se suxeita a prazo de caducidade (Sentenza do Pleno do TC STC 52/2014, de 10 de abril).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible