SBC
Telemático, Presencial
Descarga e envío do formulario
Axudas, becas e subvencións
Sociedade e benestar, Educación
Si
Bolsas de comedor destinadas, con carácter xeral, ao alumnado empadroado no termo municipal da Coruña
Mediante este procedemento convócanse e adxudican axudas para o pago do servizo de comedor aos alumnos empadroados na Coruña.
Bolsas comedor convocatoria 2020
Dende o 02/02/2021 ata o 20/02/2021
2019/2020. Alumnado matriculado nos centros educativos do termo municipal e empadroado na Coruña que cumpran os requisitos establecidos nas bases
Empadroamento
Matrícula en centro educativo na Coruña
Ingresos
Obrigas tributarias e SS
Outros
Ningún
Titular da Dirección de Área de Igualdade, Benestar Social e Participación
Poderán admitirse de maneira excepcional solicitudes fóra do prazo establecido e ao longo de todo o curso escolar 2020/2021, cando con posterioridade ao final do devandito prazo concorra algunha das circunstancias previstas na base 14.
Normativas relacionadas
Desde o 02/02/202 ata o 20/02/2020.
Poderán admitirse de maneira excepcional solicitudes fóra do prazo establecido e ao longo de todo o curso escolar 2020/2021, cando con posterioridade ao final do devandito prazo concorra algunha das circunstancias previstas na base 14
Solicitude específica
Impreso de Solicitude municipal de bolsa de comedor (Mod. 088) completamente cuberto a nome do alumno ou alumna que efectivamente goce da bolsa. No caso de que esta sexa menor de idade deberá vir asinada polo seu representante legal. Especificaranse igualmente o centro escolar e os datos de contacto.
Anexos
Certificado escolar ou copia da solicitude de matrícula
Xustificante de escolarización no centro.
Libro de familia
Copia completa do Libro de Familia ou documentación equivalente.
Sentenza/Convenio regulador
Pensión de alimentos actualizada. No seu caso, trámites de execución de sentenza.
Violencia de xénero
Documentación acreditativa (certificado orde de protección, sentenza de calquera orde xurisdicional, informe servizos sociais...) recollida no artigo 5 da Lei 11/2007, de 27 de xullo, Galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero, sempre que se poida comprobar que a situación de violencia produciuse dentro dos últimos 3 anos.
Intolerancias
Informe médico que indique intolerancia alimentaria.
Alugueiro/Hipoteca
Xustificante do último recibo de alugueiro/hipoteca no que conste o enderezo do domicilio.
Dificultade física ou psíquica
Certificado emitido polo/a Traballador/a Social do Centro de Saúde.
Incompatibilidade horaria
Certificado de empresa da incompatibilidade horaria.
Padrón
Xustificante de empadroamento e convivencia, só no caso de oposición a que o concello concello realice a consulta de datos.
Informe de vida laboral
Informe de vida laboral dos últimos 12 meses das persoas proxenitoras, titoras ou que ostenten a custodia legal, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos .
Rexistro de prestacións sociais públicas
Certificado de prestación/pensión mensual da persoa solicitante e das persoas proxenitoras, titoras ou que ostenten a custodia legal, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos .
SEPE - INAEM
Certificado de prestación da persoa solicitante e das persoas proxenitoras, titoras ou que ostenten a custodia legal, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos .
Diversidade funcional
Certificado de discapacidade, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos .
Axencia Estatal de Administración Tributaria
Datos de renda correspondentes ao último exercicio dispoñible e certificado de estar ao corrente coas obrigas coa AET, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos .
Débeda Concello
Certificado de estar ao corrente coas obigaciones tributarias, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos .
Tesourería Xeral da Seguridade Social
Certificado de estar ao corrente coas obrligaciones coa Seguridade Social, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos .
RISGA
Certificado emitido polo órgano autonómico competente no que se especifique a situación de ser preceptor da Renda de Inclusión Social de Galicia, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos .
Renda Social Municipal
Certificado emitido polo departamento municipal correspondente no que se especifique a situación de ser perceptor da Renda Social Municipal, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos .
Familia numerosa
Título de Familia Numerosa expedido polo órgano autonómico competente, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos .
Documentos relacionados
Achegar a documentación en calquera oficina de atención en materia de rexistro
Solicitando cita previa, á que deberá acudir achegando a documentación solicitada, que lle será devolta tras ser escaneada.
e-DNI ou certificado electrónico
Deberá cubrir o formulario web de tramitación e incorporar toda a documentación solicitada, e incorporar a sinatura electrónica ao final do proceso
.
981184200
A concesión da bolsa de comedor con cargo a esta convocatoria implica a cesión do dereito de cobro ás entidades que efectivamente prestan o servizo.
Negativo
Despois de finalizar o prazo de presentación de solicitudes, a listaxe de admitidas/os e excluídas/os publicar nas oficinas dos rexistros municipais, nos taboleiros dos centros cívicos municipais, e na sede electrónica do Concello da Coruña : Sede Coruña .
A información tamén poderá estar dispoñible na páxina web municipal Coruña.Servizos Sociais e no teléfono de información cidadá 010 do Concello da Coruña.
No caso dos/as alumnos/as excluídos/as indicaranse as causas de exclusión e concederáselles un prazo de 10 días hábiles para emendar a documentación requirida.
Despois de realizar a valoración, o órgano instrutor ditará proposta de resolución provisional. A proposta recollerá a listaxe provisional de persoas beneficiarias e a puntuación outorgada. Ao día seguinte da publicación comezará a computar o prazo de 10 días hábiles para a presentación de alegacións.
A resolución definitiva publicarase por mesmos medios e lugares que as listas anteriores
RECURSOS
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible