SBC
Telemático, Presencial
Descarga e envío do formulario
Axudas, becas e subvencións
Sociedade e benestar, Educación
Si
Bolsas de comedor destinadas, con carácter xeral, ao alumnado empadroado no termo municipal da Coruña
Mediante este procedemento convócanse e adxudican axudas para o pago do servizo de comedor aos alumnos empadroados na Coruña.
Bolsas comedor convocatoria 2023
Dende o 13/03/2023 ata o 12/04/2023
Ao alumnado empadroado no termo municipal da Coruña e matriculado en centros con 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos de grao medio de formación profesional e formación profesional básica.
Empadroamento
Número de identificación
Matrícula en centro educativo na Coruña
Obrigas tributarias e SS
Outros
Ningún
Titular da Concellaría de Área de Igualdade, Benestar Social e Participación.
Todas as listaxes (requirimentos de corrección, listaxes provisionais e definitivas...) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código do seu expediente individual. Para facilitar a identificación do expediente, co requirimento de corrección de solicitudes, publicarase unha listaxe que identificará a totalidade de solicitudes presentadas no rexistro segundo o seu código de asento, xunto co número de expediente individual asignado.
Normativas relacionadas
*Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes fixado na convocatoria ordinaria poderá solicitarse a axuda por causas sobrevindas cando concorra algunha das causas previstas no apartado 14 da convocatoria,
DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA
Débese presentar en todas as solicitudes a seguinte documentación con carácter preceptivo:
A) MODELO DE SOLICITUDE ESPECÍFICA PARA A CONVOCATORIA 2023/2024 (MODELO 088) cuberto e asinado pola persoa solicitante (alumno/a) ou, no caso de menores de idade, polo seu representante legal.
B) LIBRO DE FAMILIA COMPLETO ou documento equivalente que acredite a filiación ou, no caso de existir outra relación coa persoa solicitante, a documentación xudicial ou administrativa que acredite dito vínculo.
C) ANEXO I autorización para a consulta de datos de carácter persoal dos proxenitores.
OUTRA DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR ATENDENDO Á SITUACIÓN DA UNIDADE FAMILIAR
DOCUMENTACIÓN ADICIONAL PARA A VALORACIÓN
Para a valoración de criterios diferentes da situación económica da unidade familiar presentarase a documentación enumerada no apartado 11 da convocatoria.
Achegar a documentación en calquera oficina de atención en materia de rexistro
Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas
Deberá cubrir o formulario web de tramitación (botón "Tramitar en liña"), achegar na seguinte pantalla a documentación solicitada, e incorporar a sinatura electrónica ao final do proceso.
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que con carácter xeral non é necesario asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
Soamente no caso de que fose necesario que algún documento sexa asinado por máis dunha persoa, deberán asinalo antes de proceder á súa presentación nesta sede electrónica, utilizando preferentemente a citada ferramenta de Autofirma , desenvolvida polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1482
AVISO IMPORTANTE:
Este procedemento debe utilizarse exclusivamente para presentar a solicitude inicial de bolsa comedor para o curso 2023/2024. Deberá presentar obrigatoriamente o modelo 088 e o resto da documentación descrita na apartado "Documentación necesaria".
Se está a emendar ou achegando documentación para unha solicitude presentada anteriormente deberá utilizar o procedemento específico de Emenda nas Bolsas comedor convocatoria 2023-2024 coa alumna/o como persoa interesada e a persoa que presenta como representante.
Seis meses, de acordo co apartado 13.4 da convocatoria.
TRAMITACIÓN:
Desestimatorio
A concesión ou denegación da axuda realizarase pola Concelleira Delegada da Área de Igualdade, Benestar Social e Participación, que se publicará no o taboleiro de edictos electrónico do concello. Por este mesmo medio publicaranse as distintas incidencias que se produzan durante a convocatoria (revogación, modificación de centro ou contía da bolsa concedida, entre outros).
Todas as listaxes (requirimentos de corrección, listaxes provisionais e definitivas...) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código do seu expediente individual. Para facilitar a identificación do expediente, co requirimento de corrección de solicitudes, publicarase unha listaxe que identificará a totalidade de solicitudes presentadas no rexistro segundo o seu código de asento, xunto co número de expediente individual asignado.
Na lapela de PRESENTACIÓN desta páxina, apartado Documentos relacionados, subiuse unha nota aclaratoria para facilitar a consulta da listaxe publicada.
As persoas interesadas que desexen formular alegacións ou achegar mais documentación de xeito espontáneo, despois de realizar a solicitude, poderán utilizar o procedemento de Sede electrónica Achega de documentación , mencionando na dita solicitude o número de expediente individual afectado.
Para facilitar a achega de documentación coa proposta de resolución provisional achégase unha Listaxe total de solicitudes presentadas bc 2023/2024_ uso público na que figura, xunto co asento do rexistro de entrada da solicitude, o código de expediente individual asignado a cada unha delas.
RECURSOS
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible