Concello da Coruña

Concello da Coruña

SBC

Bolsas comedor

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Sociedade e benestar, Educación

Vixente:

Si

Bolsas de comedor destinadas, con carácter xeral, ao alumnado empadroado no termo municipal da Coruña

Mediante este procedemento convócanse e adxudican axudas para o pago do servizo de comedor aos alumnos empadroados na Coruña.

Bolsas comedor convocatoria 2021

Inscricións:

Dende o 05/04/2021 ata o 30/04/2021

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Alumnado matriculado no curso 2021/2022 nos centros educativos do termo municipal e empadroado na Coruña que cumpran os requisitos establecidos nas bases.

Requisitos:

Empadroamento

  • Estar empadroado/a no Concello da Coruña

Número de identificación

  • Ter DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido

Matrícula en centro educativo na Coruña

  • Estar matriculada/o ou ter praza solicitada no curso 2021/2022 nun centro educativo do termo municipal da Coruña que conte con servizo de comedor, xa sexa en educación infantil, educación primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos de grao medio de formación profesional e formación profesional básica.

Ingresos

  • Non superar os 8.000 € anuais de ingresos per cápita no exercicio de consulta, sen prexuízo do previsto no apartado 9.2.A).2 en relación coas situacións de vulnerabilidade social xurdidas como consecuencia da COVID_19.

Obrigas tributarias e SS

  • Atoparse ao corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

Outros

  • Cumprir cos deberes derivados da participación na convocatoria anterior.
  • Non ter condena mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas ou por delitos de prevaricación, suborno, malversación de fondos públicos, tráfico de influencias, fraudes e exaccións ilegais ou delitos urbanísticos.
  • Non resolver de maneira culpable ningún contrato realizado coa Administración.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellaría da Área de Igualdade, Benestar Social e Participación.

Máis información:

Todas as listaxes (requirimentos de corrección, listaxes provisionais e definitivas...) identificarán a solicitude do/a menor atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.

Para poder valorar as circunstancias incluídas no baremo desta convocatoria, deberán marcarse na solicitude as circunstancias para valorar, e débense presentarse ademais os documentos acreditativos. Non se terán en conta en ningún caso aquelas circunstancias obxecto de baremación que, a pesar de ser marcadas na solicitude, non fosen acompañadas da xustificativa que indican estas bases.

O órgano instrutor poderá requirir, en calquera momento, a presentación doutra documentación complementaria que se considere pertinente para a valoración.

Presentación

Prazo de presentación:

Desde o 05/04/2021 ata o 30/04/2021.

Poderán admitirse de maneira excepcional solicitudes fóra do prazo establecido e ao longo de todo o curso escolar 2021/2022, cando con posterioridade ao final do devandito prazo concorra algunha das circunstancias previstas na base 13:

  1. Traslado de residencia ou centro escolar desde outro municipio, que se acreditará mediante a presentación de certificado escolar, da inscrición no Padrón municipal ou doutra documentación suficientemente xustificativa.
  2. Situacións de violencia de xénero, que deberán acreditarse mediante a documentación correspondente.
  3. Cambios nas circunstancias laborais, económicas ou sociais, de saúde, familiares ou similares que se produzan con posterioridade ao peche da convocatoria e que poidan derivar nunha situación de risco de exclusión social. Nestes casos, xunto coa solicitude deberase achegar o informe do persoal técnico dos servizos sociais municipais no que se acredite a dita circunstancia.
  4. Inicio da prestación do servizo de comedor escolar nun centro educativo con posterioridade ao peche do prazo de presentación de instancias.

Documentación necesaria:

Solicitude específica

Impreso de Solicitude municipal de bolsa de comedor (Mod. 088) completamente cuberto a nome do alumno ou alumna que efectivamente goce da bolsa. No caso de que esta sexa menor de idade deberá vir asinada polo seu representante legal. Especificaranse igualmente o centro escolar e os datos de contacto. ESTE IMPRESO É DE PRESENTACIÓN OBRIGATORIA TANTO NA MODALIDADE PRESENCIAL COMO EN LIÑA.

NESTE IMPRESO DEBERÁ MARCAR A DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR OU DAS CIRCUNSTANCIAS PARA VALORAR.

Se Vde. é beneficiario dalgunha das prestacións que outorga máxima puntuación (11 puntos, apartado 9.2 das Bases) e presenta o certificado que o xustifique, NON SERÁ NECESARIO que autorice o Concello para a consulta de datos económicos.

Valoración de circunstancias adicionais: para poder valorar as outras circunstancias adicionais, deberán marcarse na solicitude, presentando os documentos acreditativos ou autorizando a consulta SÓ dos que queira que se valoren.

Identificación

DNI, NIE ou número de identificacion fiscal válido.

Anexos

  • ANEXO I. Declaración responsable.
  • ANEXO II. Autorización de consulta de datos

Certificado escolar ou copia da solicitude de matrícula

Xustificante de escolarización no centro

Libro de familia

Copia completa do Libro de Familia ou documentación equivalente

Declaración de IRPF

(Modelo D-100) de 2019 ou certificado de imputación de rendas (se non autoriza consulta). As persoas que durante o prazo de presentación de solicitudes presentasen a declaración do IRPF do exercicio 2020 e consideren que estes datos económicos lles resultan máis beneficiosos, poderán presentar a declaración do IRPF do exercicio 2020.

Perceptores de prestacións de RISGA/RSM/IMV/Subsidio de desemprego: certificado de prestacións (se non autoriza consulta).

En caso de imposibilidade para obter os datos sobre ingresos da AEAT na devandita anualidade:

  • Declaración xurada da situación económica da unidade familiar (ANEXO III)
  • Certificado de vida laboral
  • En caso de ter traballado, nóminas ou declaracións tributarias trimestrais correspondentes aos 12 meses anteriores á data da solicitude

Titulares de prestacións de incapacidade permanente ou grande invalidez

Certificado de prestacións (se non autoriza a consulta).

Proxenitores non conviventes

  • Copia da sentenza ou convenio regulador que conteña as medidas paterno-filiais aprobadas xudicialmente.
  • En caso de falta de pagamento da pensión de alimentos, solicitude de execución do título xudicial.
  • En caso de separación de feito non regulada xudicialmente, copia da demanda para o establecemento xudicial de medidas paterno-filiais.

Unidades familiares monoparentais

Certificado de defunción / Certificado de monoparentalidade / Libro de familia

Vulnerabilidade económica por COVID-19

  • Certificado acreditativo da situación de ERTE no mes da solicitude.
  • Certificado acreditativo da situación de desemprego no mes da solicitude (se non autoriza a consulta).
  • En caso de traballadores/as por conta propia, documento expedido pola Mutua Colaboradora coa Seguridade Social que acredite a dita circunstancia.

Incompatibilidade horaria

Certificado (ou declaración xurada, en caso de traballadoras/es por conta propia) con indicación do horario de traballo, das persoas que ostentan a custodia.

Outras circunstancias sociofamiliares

  • Certificado de monoparentalidade expedido pola Dirección Xeral de Familia da Xunta de Galicia
  • Acreditación da situación de violencia de xénero (a través de calquera dos medios regulados na Lei 11/2007)
  • Título de familia numerosa (se non autoriza consulta).

Situación de discapacidade

  • Certificado de discapacidade da alumna/o.
  • Certificado de discapacidade da persoa que ostenta a custodia.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Achegar a documentación en calquera oficina de atención en materia de rexistro

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas. Sempre con cita previa.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.

Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Internet

Que se necesita?:

  • Deberá dispoñer de certificado dixital.
  • Comprobe que dispón de todos os documentos que se especifican no apartado "Documentación necesaria".

Como se fai?:

Deberá cubrir o formulario web de tramitación (botón "Tramitar en liña"), achegar na seguinte pantalla a documentación solicitada, e incorporar a sinatura electrónica ao final do proceso.

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que con carácter xeral non é necesario asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Unicamente no caso de que fose necesario que algún documento sexa asinado por máis dunha persoa, deberán asinalo antes de proceder á súa presentación nesta sede electrónica, utilizando, preferentemente a citada ferramenta de Autofirma, desenvolvida polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Unha vez revisada a documentación achegada e emitido o informe pola mesa de valoración, o órgano instrutor formulou a proposta de resolución provisional, debidamente motivada. A dita resolución publicouse no taboleiro de edictos electrónico do concello e nela indícase a listaxe de persoas beneficiarias e a puntuación outorgada.

Na lapela de PRESENTACIÓN desta páxina, no apartado de Documentos relacionados, subiuse unha nota aclaratoria para facilitar a consulta da listaxe publicada.

A publicación inicia o cómputo dun prazo para alegacións que será de dez (10) días hábiles, isto é, desde o 30 xullo ao 12 de agosto, ambos incluídos.

As persoas interesadas que desexen formular alegacións, poderán utilizar o procedemento de Sede electrónica Achega de documentación e/ou alegacións a un expediente dispoñible nesta ligazón.

Despois de examinar as alegacións presentadas, o órgano instrutor ditará a proposta de resolución definitiva.

A continuación, as persoas propostas como beneficiarias deberán aceptar ou renunciar á bolsa. Entenderase que aceptan a bolsa de comedor se, transcorrido o prazo de dez (10) días hábiles, non renunciasen de maneira expresa.

A persoa titular da Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación resolverá a concesión / denegación das bolsas de comedor. A resolución que adopte retrotraerá os seus efectos á data do inicio da prestación do servizo de comedor.

A resolución definitiva publicarase por mesmos medios e lugares que as listaxes anteriores.

RECURSOS

  • Recurso potestativo de reposición
  • Recurso contencioso administrativo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión