Concello da Coruña

Concello da Coruña

Mobilidade segura

pl

A Policía Local expuxo e explicou á cidadanía o uso dos aparellos de detección e medición de alcol e drogas, e os novos sistemas de control de matrículas dos que dispón.

Desde a Sección de Educación Viaria da Unidade de Tráfico da Policía Local, desenvolveuse unha actividade en liña baixo o título, "Bebés seguros".

Esta actividade vai dirixida a futuros pais, mamás e papás, que estean interesados en recibir unha serie de recomendacións destinadas principalmente á seguridade prenatal, isto é, que afecta a aquelas embarazadas que son usuarias do vehículo, tanto público como privado. Igualmente abórdase a seguridade dos bebés, unha vez xa nados e que son transportados en vehículo, así como sobre os sistemas de retención que deben ser utilizados en función da talla e peso dos mesmos. Entre todos os participantes sorteouse unha cadeira de retención infantil.

Visitar:

https://twitter.com/Policia_Coruna/status/1306573765015371777?s=20

https://twitter.com/Policia_Coruna/status/1306575943025274886?s=20

ma

Mobilidade saudable e aire san.

O Servizo Municipal de Medio Ambiente presentou a nova unidade de monitoraxe móbil da contaminación atmosférica embarcada nun vehículo eléctrico da frota municipal, que permite a elaboración de mapas en tres dimensións cos índices de contaminación en cada punto polo que pasa.

A información deste novo sistema complementouse co das estacións fixas de medida da contaminación atmosférica dispoñibles en tres zonas da cidade e na propia carpa, na que se montou unha estación completa para a medida de diferentes gases e Black Carbón, cuxos datos foron mostrados xunto ao sistema de predición da contaminación da cidade. Todas estas ferramentas están ao servizo do Plan de Xestión da Calidade do Aire da Coruña.

iluminación

Iluminación para a mobilidade

O Departamento Municipal de Iluminación, organizou un encontro técnico entre profesionais onde se presentou o vehículo ilumetric, con capacidade para realizar mapas de luminancias e iluminancias en tempo real, á velocidade do tráfico rodado. O Concello puxo en marcha acciones e iniciativas de modernización da rede que conxugan aforro, eficiencia enerxética e redución de emisións de CO2.

O Departamento de Iluminación Pública presenta mostras de diferentes tecnoloxías de iluminación pública (luminarias e cadros) para que a cidadanía poida observar con detalle a evolución tecnolóxica na materia nas últimas décadas.

Está a empezarse a estudar o aforro en iluminación pública pola implantación de Coruña Cidade 30, os primeiros datos estiman que a redución de custo estará ao redor do 35 %.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión