Concello da Coruña

Concello da Coruña

Creación da Mesa de Mobilidade Sustentable

mesamovilidad

O Pleno Municipal do Concello da Coruña, na súa sesión do 3 de outubro de 2019 adoptou a Declaración da Coruña por unha mobilidade máis sustentable.

En xaneiro constituíuse na Coruña pola declaración da "Mesa pola Mobilidade Sostible"

Agrupa a todas as administracións públicas e asociacións relacionadas coa mobilidade.

O plenario da Mesa está constituído por 30 entidades e nos 10 equipos técnicos de traballo participan 100 persoas.

c30

Coruña Cidade 30

En maio o Goberno Municipal aprobou o plan Coruña Cidade 30 que supón que no 95% das vias da cidade a velocidade está limitada a 30 km/h.

Nas rúas de plataforma única a velocidade limítase a 10 km/h podéndose incrementar ata 20 km/h se pasa o transporte público.

As medidas de acougado de tráfico e as campañas para incentivar a condución sosegada permitirán que se respecten eses límites.

sp

Peonalizacións por pandemia

Pola situación epidemiolóxica que se está vivindo tivéronse que habilitar temporalmente espazos de calzada para poder manter as medidas de distanciamento social.

Moitas destas peonalizacións están a adquirir o carácter de permanente, algunha de forma inmediata e outras nos próximos meses, cando finalicen os procesos administrativos de licitación e construción.

Destacar a senda para corredores que se implementou encima das vías do antigo tranvía turístico que percorría o Paseo Marítimo da Cidade.

A ampliación provisional do espazo peonil nos Cantóns converterase en definitiva cando leve a cabo o proxecto de peonalización, humanización e naturalización xa presentado á cidadanía e que tivo ampla aceptación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión