Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de abril de 2010

Inicio

Portada

A participación cidadá pode darse de diferentes formas e a distintos niveis. O índice de participación das persoas en asociacións é un importante indicador do grao de participación cidadá.

As asociacións representan a colectivos e grupos de veciños e veciñas con intereses comúns e supoñen unha ferramenta importante de participación cidadá. A través das entidades, a cidadanía consegue que as súas demandas e propostas cheguen de maneira efectiva á Administración local.

No Regulamento Orgánico de Participación Cidadá do Concello da Coruña recóllese que as asociacións considéranse instrumentos preferentes e canles ordinarias de participación. Isto é así porque se trata de entidades que nacen con vocación de defender os intereses xerais ou sectoriais da cidadanía en materias de competencia municipal.

Deste xeito, o Servizo de Participación Cidadá municipal fomenta e estimula o asociacionismo, apoiando calquera iniciativa neste ámbito.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión