Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de abril de 2010

O movemento asociativo da Coruña

Procura de asociacións

A participación activa de todas as persoas nos diferentes ámbitos da vida municipal é indispensable para acadar maior calidade de vida e un funcionamento axeitado das institucións locais e da sociedade. Por iso, é esencial o labor desenvolvido polas asociacións que teñen a súa sede na Coruña, e que traballan en distintas áreas, sempre en beneficio da comunidade.

O entramado asociativo da cidade da Coruña está composto por máis de 300 asociacións e entidades que desenvolven a súa actividade en ámbitos de moi diversa natureza: cultural, social, benéfico, deportivo, empresarial etc.

Inclúense aquí todas aquelas asociacións e entidades legalmente constituídas, sen fin de lucro, que teñen por obxecto a defensa de intereses xerais ou sectoriais das veciñas e veciños da Coruña.

O Concello da Coruña apoia firmemente o asociacionismo, considerándoo como a forma idónea de participar e como unha canle excelente para facer chegar as demandas conxuntas de cidadás e cidadáns con interes comúns ao Concello.

Deste xeito, desde o servizo de participación cidadá mantéñense contactos e relacións coa meirande parte destas asociacións, ofrecendo asesoramento e apoio para a súa dinamización e o seu asentamento na vida municipal.

Buscador de entidades e asociacións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión