Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

Os Xardíns de Méndez Núñez declarados Zona de Especial Protección

A Xunta de Goberno Local do Concello da Coruña acordou en sesión ordinaria do 29 de xaneiro do 2020  declarar como Zona de Especial Protección (ZEP), sen prexuízo de posteriores revisións, os Xardíns de Méndez Núñez.

A delimitación física da zona obxecto da declaración de Zona de Especial Protección, de acordo co plano que se inclúe máis abaixo, queda delimitada polas seguintes rúas:

-Sánchez Bregua, Cantón Pequeno, Cantón Grande, Avenida da Mariña, Alcalde Manuel Casas e Avenida Porto da Coruña

Nas ditas zonas impedirase a concentración de persoas en horario de descanso nocturno (22.00 - 8.00 h).

Do mesmo xeito, manteranse como Zonas de Especial Protección os espazos e as rúas xa declarados con anterioridade (18.07.2008, 06.11.2009 e 25.03.2011) nas  prazas do Humor, de Santa Catalina, da Cormelana e do Africano e nas rúas próximas a elas, así como en toda a Cidade Vella, repoñendo a sinalización en todos eles.

Para acceder ao plano da zona PREME AQUÍ.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión