Condicións do servizo
1.- Titular:
Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
NIF: S 1511001 H
2.- Dirección da instalación:
C/ Vicente Ferrer, 2 (Edificio Administrativo Monelos)
15008 A Coruña
3.- Tipo de actividade:
Augas residuais de aseos e pluviais
CNAE: Grupo 0 - 8411
RDPH: Clase 1, Grupo 0, Servizos
4.- Tipoloxía de augas residuais:
- Vertedura composta por augas fecais sanitarias, limpeza, etc.
- Vertedura de augas pluviais.
5.- Coordenadas UTM arqueta toma mostras do pozo norte, FUSO 29.:
X: 548.206
E: 4.799.896
6.- Coordenadas UTM arqueta toma de mostras do pozo sur. Fuso 29:
X: 548.180
E: 4.799.804
7.- Coordenadas UTM da conexión de fecais ao Saneamento Municipal, onde tamén se verten as augas pluviais ao non dispoñer de Rede separativa. Fuso 29:
X: 548.237
E: 4.799.933
8.- Volume auga consumida da Rede Pública Municipal:
4.183 m3/ano.
9.- Volume auga pluvial quevierte á Rede de saneamento municipal:
2.510 m3/ano.
10.- Valores límite de emisión e parámetros a controlar:
Valor medio diario máximo | Valor instantaneo máximo | |
. Amoníaco | 30 mg/l | 30 mg/l |
. DBO5 | 500 mgO2/l | 1.000 mgO2/l |
. DQO | 1.000 mgO2/l | 1.500 mgO2/l |
. Nitróxeno amoniacal | 30 mg N/l | 50 mg N/l |
. Nitróxeno Kheldajl | 40 mg N/l | 50 mg N/l |
. PH | 5,5 - 9 | 5,5 - 9 |
. Sólidos en suspensión | 500 mg/l | 1.000 mg/l |
. Tensioactivos aniónicos | 6 mg MBAS/l | 20 mg MBAS/l |
. Aceites e graxas | 100 mg/l | 150 mg/l |
. Condutividade a 25º | 5.000 µS/cm | 5.000 µS/cm |
11.- Horario de Vertedura:
Caudal uniforme todo o ano en horario de apertura do establecemento.
12.- Prazo para adaptarse aos límites de vertedura:
Outórgase un prazo dun ano para adaptarse os valores límite indicados na o permiso de vertedura. Trascurrido ese período, analizadas as medidas correctoras aplicadas e os resultados das mostras compostas obtidas poderase revisar o plan de mostraxe de acordo coa mellor tecnoloxía dispoñible e a natureza das augas.
13.- Programa de control de Verteduras:
As mostras dos parámetros sinalados deben ser recollidas e analizadas por laboratorio acreditado na norma UNE EN 17025 para este ámbito de actuación e/ou por medio dunha Entidade Colaboradora da Administración Hidráulica (ECA).
Todas as analíticas correspondentes aos controis internos das verteduras realizaranse seguindo a metodoloxía analítica establecida no Standard Methods ou nas correspondentes Normas UNE existentes.
En ningún caso o cumprimento dos valores límite de emisión establecidos poderá alcanzarse mediante técnicas de dilución..
Todas as mostras serán compostas en tempo buscando a representatividade, polo que se realizarán durante o período de funcionamento da actividade e deberán dispoñer dun equipo de medida de caudal e dun equipo de toma de mostras automático situados na/s sección/é de control. En caso de tratarse dunha actividade de funcionamento variable, tomarase un período de 24 horas. No caso de verterse nun período inferior realizarase unha mostraxe composta durante o período de vertedura.
Cada trimestre, efectuarase unha analítica dos elementos do apartado 10) desta Autorización.
Cada ano enviaranse ao Concello as analíticas trimestrais e anuais efectuadas.
Cada ano enviásense ao Concello os datos do consumo anual de auga da Rede Pública.
Cada ano enviaranse os recibos do xestor dos aceites e graxas recollidos nos separadores.
14.- Prazo e validez do permiso de Vertedura:
Oito anos desde a notificación da concesión da Autorización de Vertedura, salvo os condicionantes do Artigo 15.5 da citada Ordenanza Municipal.
15.- Actuacións e medidas que deben de ser postas en caso de emerxencia:
Se unha analítica das recollidas trimestralmente dá valores por encima dos límites, deberá de comunicarse, antes de 24 horas ao Concello para tomar as medidas oportunas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible