Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

Punto Limpo dos Rosales

Enderezo:

Ronda de Outeiro 323. 15011 A Coruña

Teléfono:

981 275 050 (Ronda de Outeiro)

981 145 525 (Planta de tratamento de residuos sólidos urbanos RSU)

Horario:

Luns e de mércores a sábado de 10:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 21:00 h

Martes e festivos pechado, así como o día 3 de novembro. No ano 2019, trasládase ao 16 de agosto (San Martín de Porres - Patrón do Servizo de Limpeza).

Días 24 e 31: 11:00 h a 14:00 h

Consideracións xerais:

  1. Os puntos limpos son instalacións municipais gratuítas destinadas fundamentalmente ao depósito de determinadas tipoloxías de residuos municipais especiais, depositados pola poboación en xeral de forma voluntaria.
  2. O número e a localización dos puntos limpos é competencia do Concello, que terá en conta para iso os correspondentes estudos de viabilidade e funcionalidade deles.
  3. A xestión dos puntos limpos será realizada polo Concello a través da respectiva empresa concesionaria.
  4. Os residuos especiais para depositar provirán exclusivamente do ámbito domiciliario ou de pequenos produtores e non está permitida a súa utilización para residuos especiais de medianos ou grandes produtores, que deberán xestionar estes residuos de conformidade coa normativa vixente, en especial toda a referida a residuos perigosos.
  5. En calquera caso, a entrega de residuos especiais nos puntos limpos non lles permite ás pequenas persoas produtoras de residuos perigosos o cumprimento das súas obrigas de xestión, a través de xestores autorizados, e da posesión dos documentos acreditativos de tal entrega a eles, conforme co disposto na normativa galega.
  6. En ningún caso nos puntos limpos se lles entregarán ás súas persoas usuarias xustificantes de entrega de residuos.

Residuos admisibles nos puntos limpos

Serán admisibles nos puntos limpos os seguintes residuos, debidamente separados e segundo as seguintes cantidades máximas estimativas por persoa e visita:

  • Aceite vexetal de cociña e aceite de automoción: 10 litros
  • Baterías de automóbiles: 1 unidade
  • Chatarras (1 saco)
  • CD e DVD
  • Cristais planos, ventás e lámpadas (1 bolsa de lixo domiciliario), parabrisas (1 unidade)
  • Disquetes
  • Cascallos de obras menores domiciliarias (4 sacos)
  • Filtros de aceite: ata 2 unidades
  • Fluorescentes: 4 unidades
  • Fotocopiadoras e impresoras (1 unidade)
  • Mercurio de termómetro (é necesario levalo nalgún recipiente ou envase plástico hermético)
  • Pneumáticos de vehículos: ata 4 unidades
  • Palés de madeira: ata 2 unidades
  • Papel e cartón
  • Pilas, acumuladores e baterías (sen límite)
  • Poliespán (só os restos dunha embalaxe)
  • Plásticos e grandes embalaxes (ata 6 sacos)
  • Residuos perigosos do fogar (aerosois, disolventes, envases de pintura plásticos e metáticos, pegamentos, radiografías e siliconas): 5 unidades de cada tipoloxía
  • Residuos voluminosos de liña branca (frigoríficos, lavadoras e electrodomésticos de grandes dimensións): 1 unidade de cada tipoloxía
  • Residuos voluminosos de liña marrón (colchóns, somieres, mobiliario e utensilios de uso común): 2 unidades de cada tipoloxía
  • Restos de podas e segas domésticas: 960 litros (equivalente á capacidade de catro colectores verdes situados na vía pública)
  • Roupa e téxtiles: ata 2 bolsas (destinada á Asociación Ecodesarrollo Gaia)
  • Sanitarios: máximo 4 unidades (non se admiten se son de fibra de vidro)
  • Teléfonos móbiles (3 unidades), ordenadores e, en xeral, aparellos electrónicos (1 unidade de cada tipoloxía)
  • Tóner (só de impresora)

Para os efectos deste artigo enténdese por saco aquel que pode ser cargado por unha única persoa sen axuda.

A tipoloxía de residuos sinalados poderá ser ampliada polo Concello en función da demanda cidadá.

Condicións para a entrega:

  1. O traslado correrá a cargo da persoa produtora ou posuidora, que poderá levar o automóbil ata o colector de depósito.
  2. Os residuos non deberán estar mesturados entre si nin con residuos ordinarios.
  3. A empresa concesionaria da xestión do punto limpo poderá, por razóns xustificadas e debidamente documentadas no libro de incidencias da instalación, non permitir o depósito de residuos.
  4. O depósito dos residuos será realizado pola propia persoa usuaria das instalacións, segregando as fraccións nos colectores situados e identificados para o efecto.
  5. A reiteración na utilización do punto limpo implicará unha análise por parte da Inspección Ambiental Municipal, co fin de determinar unha utilización inadecuada.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión