Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

Cando:

21 de decembro de 2024

Abre a tránsito peonil a meirande parte de San Andrés tras completar o Concello a súa reconversión en bulevar

A alcaldesa, Inés Rey, comprobou hoxe o avance dos traballos, que culminaron esta semana coa instalación dos semáforos, marquesiñas e novo mobiliario e zonas verdes no conxunto da rúa

A alcaldesa, Inés Rey, supervisou na mañá deste sábado os traballos de reurbanización da rúa de San Andrés, logo da apertura e retirada da maquinaria e estruturas en gran parte da actuación, entre a praza de Santa Catalina e a rúa Torreiro. A rexedora estivo acompañada por José Manuel Lage, concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica; Francisco Díaz Gallego, concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda; Noemí Díaz, concelleira de Infraestruturas e Mobilidade e Yoya Neira, concelleira de Medio Ambiente. 

Entre os últimos avances atópase o remate do treito entre as rúas Santa Catalina e Torreiro, a instalación dos semáforos, as novas marquesiñas do transporte urbano e a colocación de novo mobiliario e novas zonas verdes. "Os traballos avanzan a bo ritmo e esperamos que estean rematados antes da data recollida no contrato do 7 de marzo de 2025", sinalou a alcaldesa.

Coa retirada de todo o material de obra no treito entre Santa Catalina e Torreiro, os traballos centraranse ata o final da actuación na reurbanización da rúa cara a praza de Pontevedra. Coa previsión de que poda quedar aberta toda a rúa ao tránsito peonil ata a rúa Alameda o día 30 deste mes mellorando o acceso aos comercios nestas datas de consumo navideño. Ademais, estes días procederase á instalación de luces de Nadal no conxunto da rúa.

Os próximos traballos será a formigonaxe da calzada e beirarrúas no treito final. "Con esta actuación recuperamos a identidade desta rúa tan emblemática da nosa cidade, dándolle un novo pulo ao seu comercio á vez que adaptamos a vía priorizando as persoas", dixo Inés Rey.

O orzamento total desta obra é superior aos tres millóns de euros e o seu obxectivo foi o de recuperar a configuración orixinal de San Andrés no século XVIII como bulevar. Entre as actuacións levadas a cabo está a configuración da rúa nunha plataforma única, a plantación de moreiras de Valdeorras, a ampliación de beirarrúas e a instalación de novo mobiliario.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión