Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

Cando:

19 de outubro de 2024

O Concello comeza o próximo luns a levantar a duna da praia de Riazor

A estructura superará os dous metros de altura e situarase na parte intermedia do areal

O Concello da Coruña comezará o próximo luns 21 de outubro os traballos para levantar na praia de Riazor a duna de area que protexerá o Paseo Marítimo dos posibles temporais costeiros da próxima tempada invernal.

A empresa responsable do servizo utilizará maquinaria especializada para levar a cabo os traballos, que transcorrerán ao longo da semana que vén. Desta forma, o Goberno de Inés Rey busca implementar medidas encamiñadas a garantir a seguridade das persoas e das infraestruturas durante os meses de inverno.

A duna superará os dous metros de altura e situarase na parte intermedia do areal, cunha separación de seguridade con respecto ao Paseo Marítimo. O obxectivo, como cada ano, é minimizar o impacto dos fenómenos costeiros no tráfico e nos elementos próximos ao litoral.

A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, lembrou que "durante os próximos seis meses, o persoal municipal revisará de maneira continua esta estrutura para planificar posibles reforzos en caso de ser necesarios en función dos temporais e fenómenos costeiros".

A duna de Riazor levantouse por primeira vez no ano 1995 como resposta a un forte temporal que derrubou a antiga balaustrada do Paseo Marítimo ao seu paso por este areal. Este tipo de situacións meteorolóxicas danse entre unha e tres veces ao ano de media.

A duna permanecerá en Riazor ata mediados de maio do ano de que vén, data na que será retirada para deixar as praias preparadas para o goce da tempada de baño a partir do 15 de xuño de 2025.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión