Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

Cando:

9 de agosto de 2024

O Concello reforzará a limpeza en puntos clave unha vez finalizado o conflito da recollida do lixo

"A cidade gañou e saíu reforzada deste conflito, sen ceder á chantaxe", sinalou Inés Rey, que agradeceu á cidadanía a súa comprensión

A Comisión de Seguimento da emerxencia sanitaria composta pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, a concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Montserrat Paz, e o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, ademais de técnicos municipais das diferentes áreas, fixo seguimento este venres do estado actual da recollida de lixo.

Desconvocatoria da folga

A Comisión de Seguimiento valorou positivamente a desconvocatoria da folga acordada polos traballadores da empresa a pasada tarde e confirmou que o Concello traballa xa para poder proceder ao levantamento da emerxencia sanitaria.

Ademáis a comisión acordou intensificar o servizo de limpeza na cidade en puntos clave de acumulación de residuos, unha vez normalizado o servizo de recollida.

Evolución da recollida polo servizo de emerxencia

Na xornada de onte, a empresa de emerxencia que reforza a recollida de residuos na cidade, Valoriza, recolleu un total de 50,06 toneladas de lixo, sen incidencias.

Desde a posta en marcha da recollida de emerxencia dos residuos acumulados nas rúas, os operarios de Valoriza xa recolleron un total de 934,26 toneladas de lixo.

Sen incendios nin incidencias

Nas últimas 24 horas non se produciu ningunha incidencia en relación ao conflito da recollida do lixo. Desde o pasado 24 de xuño, no San Xoán, o Concello contabilizou 160 contedores queimados intencionadamente nos diversos distritos da cidade, actos vandálicos que, ademais de implicar uns custos duns 400.000 euros para as arcas municipais, tamén están a supoñer afectacións e danos a bens patrimoniais das veciñas e veciños da Coruña.

Porcentaxes de recollida da empresa adxudicataria da pasada noite, por zonas

A recollida por parte da empresa Prezero continúa a normalizarse. Así foi, na pasada madrugada, o balance de recollida de lixo por parte da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo.

Monte Alto: 95%

Ciudad Vieja: 50%

Pescadería-Centro: 95%

Rosales-Labañou: 40%

Estadio: 85%

Ventorrillo/Agra del Orzán: 80%

Sagrada Familia: 100%

Sardiñeira-Elviña: 100%

Mallos: 95%

Castrillón: 65%

Castros: 50%

Matogrande-Eirís: 45%

Mesoiro-Feáns-Valaire: 70%

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión