A Xunta de Goberno Local do Concello da Coruña acordou en sesión ordinaria do 29 de xaneiro do 2020 declarar como Zona de Especial Protección (ZEP), sen prexuízo de posteriores revisións, os Xardíns de Méndez Núñez.
A delimitación física da zona obxecto da declaración de Zona de Especial Protección, de acordo co plano que se inclúe máis abaixo, queda delimitada polas seguintes rúas:
-Sánchez Bregua, Cantón Pequeno, Cantón Grande, Avenida da Mariña, Alcalde Manuel Casas e Avenida Porto da Coruña
Nas ditas zonas impedirase a concentración de persoas en horario de descanso nocturno (22.00 - 8.00 h).
Do mesmo xeito, manteranse como Zonas de Especial Protección os espazos e as rúas xa declarados con anterioridade (18.07.2008, 06.11.2009 e 25.03.2011) nas prazas do Humor, de Santa Catalina, da Cormelana e do Africano e nas rúas próximas a elas, así como en toda a Cidade Vella, repoñendo a sinalización en todos eles.
Para acceder ao plano da zona PREME AQUÍ.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible