Condicións do servizo
1.- Titular:
HOTELERA DEL NOROESTE, S.A.
Hotel Hesperia Finisterre
Paseo Parrote, 2
15001 A Coruña
CIF: A 59916452
2.- Dirección da instalación:
A mesma.
3.- Actividade:
Hotel con instalacións deportivas e piscinas.
CNAE: I5510. Hoteis e aloxamentos similares.
RDPH: Clase 1, Grupo 0, Servizos.
Ten sistema separativo.
4.- Tipoloxía de augas residuais:
- Vertedura composta por augas fecais sanitarias, con augas procedentes da restauración, limpeza de piscinas, lavandería, etc.
- Vertedura de augas pluviais.
5.- Coordenadas UTM arqueta toma mostras.:
Acometida nº 1: Billa toma de mostras na impulsión do bombeo, na sala de máquinas do hotel.
Acometida nº 2: Fondo corredor do economato do hotel (arqueta bombeo).
6.- Coordenadas UTM da conexión de fecais ao Saneamento Municipal. Fuso 29:
Ten dúas acometidas.
Acometida nº 1 (La Solana e habitacións hotel):
X: 549.195,515
E: 4.801.972,662
Acometida nº 2 (Cociña do hotel):
X: 549.157,176
E: 4.801.995,649
7.- Volume auga consumida da Rede Pública Municipal:
8.753 m3/ano 23,99 m3/día.
8.- Valores límite de emisión e parámetros a controlar (nas dúas acometidas):
Valor medio diario máximo | Valor instantáneo máximo | |
Fósforo total | 40 mg P/l | 40 mg P/l |
Nitratos | 50 mg N/l | 50 mg N/l |
Fosfatos | 60 MG/l | 60 mg/l |
Aceites e graxas | 100 mg/l | 150 mg/l |
Amoníaco | 30 mg/l | 30 mg/l |
Condutividade | 5.000 mµ/cm | 5.000 mµ/cm |
DBO5 | 500 mgO2/l | 1.000 mgO2/l |
DQO | 1.000 mgO2/l | 1.500 mgO2/l |
Hidrocarburos totais | 15 mg/l | 15 mg/l |
Nitróxeno amoniacal | 30 mg N/l | 50 mg N/l |
Nitróxeno Kheldajl | 40 mg N/l | 50 mg N/l |
PH | 5,5 - 9 | 5,5 - 9 |
Sólidos en suspensión | 500 mg/l | 1.000 mg/l |
Tensioactivos aniónicos | 6 mg MBAS/l | 20 mg MBAS/l |
Cloruros | 2.000 mg Cl/l | 2.000 mg Cl/l |
9.- Horario de Vertedura:
Caudal uniforme todo o ano en horario de apertura do establecemento.
10.- Prazo para adaptarse aos límites de vertedura:
Segundo a documentación achegada, xa cumpre a instalación neste momento os límites de Vertedura.
11.- Condicionado da Autorización de Verteduras:
Esta autorización de vertedura estará condicionada á obtención do permiso de Augas de Galicia, da vertedura directa ao mar do baleirado das piscinas de La Solana. Será enviada unha copia a este Concello no momento da súa obtención.
12.- Programa de control de Verteduras:
. A toma de mostras e as analíticas, hanse de efectuar por laboratorio homologado.
. Cada trimestre, efectuarase unha analítica dos elementos do apartado 8) desta Autorización, nas dúas acometidas.
. Cada ano enviaranse ao Concello as analíticas trimestrais e anuais efectuadas.
. Cada ano enviaranse ao Concello os documentos de xestión de servizos da arqueta separadora de aceites e graxas.
. Cada ano enviásense ao Concello os datos do consumo anual de auga da Rede Pública.
13.- Prazo e validez do permiso de Vertedura:
Oito anos desde a notificación da concesión da Autorización de Vertedura, salvo os condicionantes do Artigo 15.5 da citada Ordenanza Municipal.
14.- Actuacións e medidas que deben de ser postas en caso de emerxencia:
Se unha analítica das recollidas trimestralmente dá valores por encima dos límites, deberá de comunicarse, antes de 24 horas ao Concello para tomar as medidas oportunas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible