Bandeira Azul
Parking
Socorristas
Acceso para discapacitados
Vestiarios
Duchas
Praia urbana céntrica e moi concorrida. Praia aberta, ventosa e de ondada moderada. A súa característica forma de cuncha está enmarcada polo Paseo marítimo da cidade. Apta para practicar o surf e todo tipo de deportes de praia.
Picasso e a praia de Riazor
Xunto ao parque de Santa Margarida celebrábanse combates a pedradas, as praias de Riazor e Orzán, onde se entretiñan esquivando as ondas; son escenario dos xogos infantís de Picasso e os seus amigos Constantino Sardina Muíños e Antonio Pardo Reguera.
No primeiro deses areais descubriu a nudez feminina, mirando a través da fechadura dunha caseta de baño.
Recomendacións
Antes de meterse na auga confirmar a profundidade que hai, non tirarse de cabeza en zonas pouco profundas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible