SBC
Telemático, Presencial
Descarga e envío do formulario
Axudas, becas e subvencións
Sociedade e benestar, Educación
Si
Bolsas de comedor destinadas, con carácter xeral, ao alumnado empadroado no termo municipal da Coruña
Mediante este procedemento convócanse e adxudican axudas para o pago do servizo de comedor aos alumnos empadroados na Coruña.
Bolsas comedor convocatoria 2022
Dende o 02/03/2022 ata o 31/03/2022
Ao alumnado empadroado no termo municipal da Coruña e matriculado en centros con 2.º ciclo de educación infantil, educación primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos de grao medio de formación profesional e formación profesional básica.
Empadroamento
Número de identificación
Matrícula en centro educativo na Coruña
Obrigas tributarias e SS
Outros
Ningún
Titular da Concellaría de Área de Igualdade, Benestar Social e Participación.
Todas as listaxes (requirimentos de corrección, listaxes provisionais e definitivas...) identificarán a solicitude do/a menor atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.
Normativas relacionadas
*Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes fixado na convocatoria ordinaria poderá solicitarse a axuda por causas sobrevidas cando concorra algunha das causas previstas no apartado 14 da convocatoria.
DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA
Débese presentar en todas as solicitudes a seguinte documentación con carácter preceptivo:
A) MODELO DE SOLICITUDE ESPECÍFICA PARA A CONVOCATORIA 2022/2023 (MODELO 088) cuberto e asinado pola persoa solicitante (alumno/a) ou, no caso de menores de idade, polo seu representante legal.
B) LIBRO DE FAMILIA COMPLETO ou documento equivalente que acredite a filiación ou, no caso de existir outra relación coa persoa solicitante, a documentación xudicial ou administrativa que acredite o devandito vínculo.
C) ANEXO I autorización para a consulta de datos de carácter persoal dos/as proxenitores/as.
OUTRA DOCUMENTACIÓN QUE HAI QUE PRESENTAR ATENDENDO Á SITUACIÓN DA UNIDADE FAMILIAR
DOCUMENTACIÓN ADICIONAL PARA A VALORACIÓN
Para a valoración de criterios diferentes da situación económica da unidade familiar presentarase a documentación enumerada no apartado 11 da convocatoria.
Achegar a documentación en calquera oficina de atención en materia de rexistro
Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
Deberá cubrir o formulario web de tramitación (botón "Tramitar en liña"), achegar na seguinte pantalla a documentación solicitada, e incorporar a sinatura electrónica ao final do proceso.
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que con carácter xeral non é necesario asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
Unicamente no caso de que fose necesario que algún documento sexa asinado por máis dunha persoa, deberán asinalo antes de proceder á súa presentación nesta sede electrónica, utilizando, preferentemente a citada ferramenta de Autofirma, desenvolvida polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1482
AVISO IMPORTANTE:
Este procedemento debe utilizarse exclusivamente para presentar a solicitude inicial de bolsa comedor para o curso 2022/2023. Deberá presentar obrigatoriamente o modelo 088 e o resto da documentación descrita no apartado "Documentación necesaria".
Se está emendando ou achegando documentación para unha solicitude presentada anteriormente deberá utilizar o procedemento xenérico de Achega de documentación, coa alumna/o como persoa interesada e a persoa que presenta como representante.
Seis meses, de acordo co apartado 13.3 da convocatoria.
TRAMITACIÓN:
Desestimatorio
A concesión ou denegación da axuda realizaraa a concelleira delegada da Área de Igualdade, Benestar Social e Participación, que se publicará no taboleiro de edictos electrónico do concello.
Todas as listaxes (requirimentos de corrección, listaxes provisionais e definitivas...) identificarán a solicitude do/a menor atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.
Na lapela de PRESENTACIÓN desta páxina, no apartado de Documentos relacionados, subiuse unha nota aclaratoria para facilitar a consulta da listaxe publicada.
As persoas interesadas que desexen formular alegacións ou achegar máis documentación de forma espontánea, despois de realizar a solicitude, poderán utilizar o procedemento de Sede electrónica Achega de documentación , mencionando na devandita solicitude cal é o expediente ou a solicitude realizada anteriormente.
RECURSOS
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible