15 de abril de 2010
Participar é compartir e intercambiar
O Servizo de Participación Cidadá está a traballar na confección dun completo mapa de recursos do tecido asociativo da cidade, unha guía do asociacionismo, co obxectivo de fomentar lazos de cooperación, planificar accións colectivas, dinamizar o funcionamento daquelas entidades menos activas e establecer un sistema operativo para compartir os recursos de que dispoñen cada unha das asociacións.
Para iso, recolleuse diversa información e reuníronse datos das entidades sen fin de lucro da Coruña, de modo que se dispoña dun coñecemento actualizado acerca do traballo levado a cabo por cada unha de elas e unha completa relación de locais, espazos, equipamento e actividades desenvolvidas.
A Guía do Asociacionismo abrirá o abano de posibilidades para que o entramado asociativo da Coruña inicie novas actividades, de xeito individual ou colectivamente, con outras entidades coas que compartan intereses.
Novas relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible