Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

Actividades Educación ambiental

O Aire que nos rodea

  • Realización:

Desde outubro ata xuño.

  • Data de inscrición:

    Segundo convocatoria anual (WEB EDUCATIVA)

  • Colectivo ao que vai dirixido:

    Alumnado de 3er ciclo de E. Primaria, 1º e 2º de E.S.O. e E. Especial.

O ser humano, coas súas actividades, altera e modifica o ritmo da atmosfera ata tal punto que, en moitos dos casos, a consecuencia é unha elevada contaminación, e isto ten unha gran repercusión nos seres vivos.

Pero cando falamos de contaminación atmosférica, que significa? O primeiro no que todos pensamos é na contaminación do aire, é dicir, cambios na composición química da atmosfera debidos á existencia de gases e compostos nocivos para a nosa saúde, aparición de choiva aceda, destrución da capa de ozono, efecto invernadoiro, etc. Pero tamén o ruído é un dos axentes contaminantes máis importantes, tamén existe unha contaminación acústica.

Obxectivos do programa:

  • Axudar aos escolares a adquirir unha conciencia e unha sensibilización polos problemas e o coidado da atmosfera.
  • Conseguir que teñan interese pola súa contorna e a motivación necesaria para participar de maneira activa no coidado da atmosfera.
  • Axudar a que consigan as aptitudes necesarias para identificar e resolver os problemas ambientais derivados da contaminación atmosférica.

Descrición:

O Programa desenvólvese en base ás seguintes actividades:

  • Audiovisual interactivo: coloquio con apoio audiovisual na aula. Duración aproximada: 60 minutos. A elixir entre: a) "A contaminación atmosférica". b) "A contaminación acústica e lumínica".
  • Visita guiada. Duración aproximada: 90 minutos. "O sistema de control do aire da Coruña" (Parque de Santa Margarita).
  • Actividades na aula. Duración aproximada: 60 minutos. A elixir entre: a) Mapa acústico. b) Xogamos a coidar o aire.
O Aire que nos rodea.
Destinatarios 3er ciclo de E. Primaria, 1º e 2º de E.S.O. e E. Especial.
Actividades   Duración Idade preferente
Audiovisual interactivo (a elixir un) A contaminación atmosférica. 60 min
  • 3er ciclo E.P., 1º e 2ºde E.S.O.
A contaminación acústica e lumínica. 60 min 1º e 2ºde E.S.O..
Actividade na aula (a elixir unha) Mapa acústico. 60 min 1º e 2ºde E.S.O..
Xogamos a coidar o aire. 60 min 3er ciclo E.P.
O sistema de control do aire da Coruña (Parque de Santa Margarita). 90 min 3er ciclo E.P., 1º e 2ºde E.S.O.
Material de Apoio. Manual do profesor.
Manual do alumno.
Secuenciación preferente De outubro a xuño.

Volver a menú

A Ruta da auga na Coruña

  • Realización:

Desde outubro ata xuño.

  • Data de inscrición:

    Segundo convocatoria anual (WEB EDUCATIVA)

  • Colectivo ao que vai dirixido:

    Alumnado de 2º e 3er ciclos de E. Primaria e de E. Especial.

A auga é un dos principais recursos para a vida e o seu abastecemento e uso é vital para o funcionamento de calquera fogar, industria ou servizo.

O circuíto xeral da auga nunha cidade desenvólvese desde a súa captación ata a súa depuración final antes de ser vertida, pasando pola súa canalización, potabilización, distribución, etc. De forma habitual os usuarios obviamos este proceso e apenas prestamos atención a todo este ciclo, agás cando carecemos de auga. Como utilizamos este recurso? Que consecuencias se producen coas nosas actitudes?

Obxectivos do programa:

  • Recoñecer e valorar a importancia da auga como un recurso imprescindible, tanto a escala vital como no sistema urbano actual.
  • Orientar as actitudes do uso da auga cara a outras que fomenten o aforro, o seu uso máis racional e ecolóxico.
  • Investigar, seguir e recoñecer a ruta que segue a auga que se utiliza na cidade, desde a súa captación ata a súa devolución ao ciclo natural.

Descrición:

O Programa desenvólvese en tres sesións diferentes:

  • Audiovisual interactivo: Proxección comentada na aula con coloquio. Duración aproximada: 60 minutos. A elixir entre: a) "A Ruta da auga na Coruña". b) "Auga a medida". c) "O río Mero".
  • Actividades na aula. Duración aproximada: 60 minutos. Neste caso, poderase elixir entre: a) Gran xogo "A auga na Coruña", b) Obradoiro de experimentación "Experimentos coa auga", c) Obradoiro de investigación "Entrevistas co Mero".
  • Visita guiada. Duración aproximada: 90-120 minutos. A elixir entre: a) "Encoro de Abegondo-Cecebre". b) "Planta potabilizadora da Telva". c) "De expedición polo río Mero".
A ruta da auga na Coruña
Destinatarios 2º e 3er ciclos de E. Primaria e de E. Especial
  Duración Idade preferente
Actividades Audiovisual (a elixir un) A ruta da auga na Coruña 60 min 2º e 3er ciclo E.P.
Auga a medida. 60 min 3er ciclo E.P.
O río Mero. 60 min 2º e 3er ciclo E.P.
Visita guiada (a elixir unha) Encoro de Abegondo-Cecebre. 90 min 2º e 3er ciclo E.P.
Planta potabilizadora da Telva. 90 min 3er ciclo E.P.
De expedición polo río Mero. 120 min 2º e 3er ciclo E.P.
Actividade na aula (a elixir unha) Gran xogo “A auga na Coruña”. 60 min 2º e 3er ciclo E.P.
Obradoiro de experimentación “Experimentos coa auga”. 60 min 3er ciclo E.P.
Obradoiro de investigación: “Entrevistas co Mero”. 60 min 2º e 3er ciclo E.P.
Material de apoio. Manual do profesor
Manual do alumno
Secuenciación preferente De outubro a xuño.

Volver a menú

Os residuos urbanos na Coruña

  • Realización:

Desde outubro ata xullo.

  • Data de inscrición:

    Segundo convocatoria anual (WEB EDUCATIVA)

  • Colectivo ao que vai dirixido:

    Alumnado de 3er ciclo de E. Primaria, 1º e 2º de ESO. e E. Especial.

O tratamento dos residuos urbanos (RU) é un servizo obrigatorio que han de prestar os municipios con poboación superior aos 5.000 habitantes, e constitúe un dos principais retos para as corporacións locais actuais.

Nos últimos anos, a forma de xestionar os refugallos cambiou de forma significativa, orientándose neste momento cara á reciclaxe e o aproveitamento enerxético, de conformidade coas directrices europeas. Esta materia, o Concello da Coruña coa xestión integral dos seus residuos na planta de Nostián, prima a reciclaxe e a compostaxe da materia orgánica, dándolle un novo valor a todo o que nos sobra. Para o éxito dunha xestión baseada na separación en orixe e na recollida selectiva, é fundamental a participación de toda a poboación. A información e a formación deben ser un labor prioritario. Esa é a función do programa de educación ambiental.

Obxectivos do programa:

  • Profundar cos participantes no actual Plan de Tratamento de Residuos Urbanos da Coruña.
  • Informar das diferentes alternativas existentes para a eliminación e o tratamento dos RU, as súas vantaxes e desvantaxes.
  • Modificar as actitudes persoais en busca dunha mellora dos comportamentos ante os residuos.
  • Motivar á poboación escolar para que participe activamente no plan de tratamento desde a recollida selectiva e a separación en orixe.

Descrición:

O Programa desenvólvese en tres sesións diferentes:

  • Audiovisual interactivo. Proxección comentada na aula con coloquio. Duración aproximada: 60 minutos. A elixir entre: a) "O valor dos residuos". b) "Os residuos na Coruña".
  • Actividades na aula. Duración aproximada: 60 minutos. Neste caso, poderase elixir entre: a) Xogo de simulación "O destino dos residuos". b) Obradoiro de investigación "Exame aos plásticos". c) Xogo "Separa e gana". d) Xogamos a reciclar.
  • Visita guiada. Duración aproximada: 90 minutos. A elixir entre: a) Planta de Tratamento de Residuos de Nostián. b) Parque de Bens (vertedoiro selado). c) Punto limpo (60 min).
Os Residuos Urbanos na Coruña
Destinatarios 3er ciclo de E. Primaria, 1º e 2º de ESO. e E. Especial.
  Duración Idade preferente
Actividades Audiovisual (a elixir un) O valor dos residuos. 60 min 3er ciclo E.P.
Os residuos na Coruña. 60 min 1º e 2º E.S.O.
Actividade na aula (a elixir unha) Xogamos a reciclar. 60 min 3er ciclo E.P.
Xogo “Separa e gana”. 60 min 3er ciclo E.P.
Taller de investigación “Exame aos plásticos”. 60 min 1º e 2º E.S.O.
Xogo de simulación “O destino dos residuos”. 60 min 1º e 2º E.S.O.
Visita guiada (a elixir unha) Planta de Tratamento de Residuos Nostián. 90 min 1º e 2º E.S.O.
Parque de Bens (vertedoiro selado). 60 min 1º e 2º E.S.O.
Punto limpo. 60 min 3er ciclo E.P.
Material de apoio Manual do Profesor.
Manual do Alumno.
Secuenciación preferente De outubro a abril

Volver a menú

Vexo Vexo

  • Realización:

Desde outubro ata xuño.

  • Data de inscrición:

    Segundo convocatoria anual (WEB EDUCATIVA)

  • Colectivo ao que vai dirixido:

    Alumnado de E. Infantil de 4 e 5 anos, 1er ciclo de E. Primaria e de E. Especial.

Os que máis saben, din que só se quere, coida e respecta aquilo que se coñece. Por iso encamiñamos os obxectivos deste Programa de Educación Ambiental a dar a coñecer o noso medio natural máis próximo aos máis novos.

Saber o por que e o como dos diferentes ecosistemas que nos rodean. Identificar algúns dos seres vivos que nos acompañan neste pequeno anaco de terra chamado A Coruña. En definitiva, coñecer un pouco máis aos nosos compañeiros de convivencia, a biodiversidade que se move ao redor de nós.

Obxectivos do programa:

  • Axudar aos escolares a adquirir unha conciencia e unha sensibilización adecuada para o coidado da nosa contorna máis próxima e inmediata.
  • Axudar a que consigan as aptitudes necesarias para identificar e resolver aqueles problemas que afecten á conservación dos nosos valores naturais e á biodiversidade dos nosos ecosistemas.
  • Preténdese que os alumnos comprendan, investiguen e aprendan, mediante un contacto directo con:
    • a riqueza e variedade de comunidades vexetais e animais, a súa función e importancia no medio en que vivimos e a súa relación entre elas e en particular connosco.
    • as formacións xeolóxicas máis relevantes da nosa contorna, como elementos fundamentais da paisaxe que nos rodea.

Descrición:

O presente programa escolar baséase nunha serie de itinerarios interpretativos guiados por diferentes espazos naturais da nosa cidade, complementados con actividades na aula.

  • Actividades na aula. A elixir entre:
    1. Audiovisual e obradoiro segundo o itinerario elixido. Duración aproximada: 90 minutos:
      • Monte de San Pedro (e illas de San Pedro): audiovisual e obradoiro de monicreques e "teatrillo" relacionado coa biodiversidade deste lugar.
      • Punta Herminia: audiovisual e construción dun "mural da biodiversidade en Punta Herminia".
      • Lagoa de Eirís: audiovisual e construción dun "cubo trófico" (ou similar) para comprender o funcionamento das cadeas alimenticias.
    2. Audiovisual interactivo "A natureza na cidade". Duración aproximada: 60 minutos.
    3. Xogo "as illas verdes". Duración aproximada: 60 minutos.
  • Itinerarios guiados. Duración aproximada: 90 minutos. Os tres itinerarios guiados propostos, entre os que se poderá optar, cada un coas súas actividades propias son:
    • Monte de San Pedro (e illas de San Pedro).
    • Punta Herminia.
    • Lagoa de Eirís.

 

Vexo, vexo
Destinatarios E. Infantil de 4 e 5 anos, 1er ciclo de E. Primaria e de E. Especial
  Duración Idade preferente
Actividades Audiovisual A natureza na cidade. 60 min 1er ciclo de E.P.
Itinerario guiado (a elixir un) Monte San Pedro. 90 min E.I. 4 e 5 anos
Punta Herminia. 90 min 1º curso E.P.
Lagoa de Eirís. 90 min 2º curso E.P.
Actividade na aula (a elixir unha) Audiovisual e obradoiro correspondente ao itinerario elixido. 30 min E.I. 4 e 5 anos e 1er ciclo E.P.
Xogo: As illas verdes. 60 min 1er ciclo de E.P.
Material de apoio. Manual do profesor
Manual do alumno
Secuenciación preferente De marzo a xuño.

Volver a menú

A enerxía que move a miña cidade

  • Realización:

Desde outubro ata xuño.

  • Data de inscrición:

    Segundo convocatoria anual (WEB EDUCATIVA)

  • Colectivo ao que vai dirixido:

    Alumnado de ESO. Só para centros educativos do municipio.

A enerxía, nas súas distintas manifestacións, é vital para o desenvolvemento das nosas actividades cotiás. A enerxía somática, que obtemos co metabolismo dos alimentos, sería o primeiro elo. A partir de aí, o resto da enerxía obtémola a partir da transformación dos diferentes recursos: centrais térmicas, hidroeléctricas, nucleares, eólicas...

Durante o último século dependemos fundamentalmente dos combustibles fósiles (carbón e petróleo) para o abastecemento de enerxía. Con todo, as crises do petróleo, o progresivo esgotamento dos xacementos de carbón, as repercusións sobre o medio ambiente do seu uso, etc., volveron a vista cara ás denominadas enerxías renovables, que comezan a gañar peso na sociedade (eólica, solar, hidroeléctrica).

Construír un mundo máis sustentable: esta é a filosofía que o Concello da Coruña aplica ás súas instalacións enerxéticas. As dependencias municipais xa producen máis enerxía da que consomen. Isto conséguese coa posta en marcha de novas tecnoloxías que aproveitan para a produción eléctrica tanto o gas natural como o biogás procedente dos residuos. Novas tecnoloxías, novas aplicacións, que se complementan cun esforzo aforrador e a mellora dos rendementos dos equipos a través de diversas estratexias que inclúen a súa renovación e automatización.

A concienciación dos máis novos representa o noso futuro, é básica para sacar todo o rendemento ás actuacións a favor da eficiencia e aforro enerxético. É necesario que comprendan as novas formas de produción de enerxía e o seu significado para a nosa cidade, que se mentalicen no aforro enerxético.

Obxectivos do programa:

  • Adaptar os nosos hábitos de consumo cara a un aforro enerxético eficaz.
  • Valorar as diferentes formas de produción de enerxía a partir dos recursos naturais e as súas consecuencias ambientais.
  • Distinguir entre enerxías renovables e non renovables.
  • Analizar a situación actual na Coruña dos recursos enerxéticos e a súa evolución.

Descrición:

O programa desenvólvese en tres sesións diferentes:

  • Audiovisual: proxección comentada na aula con coloquio. Duración aproximada: 60 minutos. A elixir entre: a) "Un mundo de enerxías" b) "As enerxías renovables".
  • Actividades na aula. Duración aproximada: 60 minutos. Neste caso, poderase elixir entre: a) Xogo de simulación "Eólica si, eólica non" b) "O gran xogo das enerxías".
  • Visita guiada. Duración aproximada: 90 minutos. "Planta de Coxeneración do Antigo Vertedoiro Municipal de Bens".
A enerxía que move a miña cidade
Destinatarios E.S.O.
  Duración Idade preferente
Actividades Audiovisual interactivo (a elixir un) Un mundo de enerxías. 60 min ESO
As enerxías renovables. 60 min ESO
Actividades na aula (a elixir unha) Xogo de simulación “Eólica si, eólica non”. 60 min 3º e 4º de ESO
O gran xogo das enerxías. 60 min 1º e 2º de ESO
Visita guiada A planta de coxeneración no antigo vertedoiro municipal de Bens. 90 min 1º, 2º, 3º e 4º ESO
Material de Apoio. Manual do profesor
Fichas de traballo alumno
Secuenciación preferente De outubro a xuño

Volver a menú

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión