Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

INSTITUTO BENEFICO SOCIAL PADRE RUBINOS

Condicións do servizo

1) Titular:

INSTITUCIÓN BENÉFICO SOCIAL PADRE RUBINOS

Rúa rolda de Outeiro, 325

15011 A Coruña

2) Enderezo da instalación:

O mesmo. 

3) Actividade

Establecemento de hospedaxe e atención apersonas maiores, nenos e poboación en réxime de exclusión social.

CNAE- 8531-93 rev 1. Actividades prestación servizos sociais con aloxamento

RDPH: Clase 1, Grupo 0, Sector Servizos

4) Tipoloxía de augas residuais

Sanitarias fecais máis cociñas.

5) Arqueta toma mostras:

Perfectamente identificada en plano xeral de saneamento, denominada pozo de sección control de rexistro, sobre a acometida de fecais.

6) Punto conexión Rede de sumidoiros Municipal:

Fecais:

X: 546537.544 M UTM

E: 4802287.037 M UTM

Fuso: 29

Pluviais: 2 acometidas

X: 546531.9869 UTM

E: 4802177.0441 UTM

Datum: ETRS 89

X: 546521.5579 UTM

E: 4802247.0151 UTM

Datum: ETRS 89

7) Volume auga consumida Rede Pública: 18.244 m3/ano

Rede alternativa de augas de escorrentía para usos ( rega e fluxores)

8) Augas fecais:

Contabilizarase a auga consumida da Rede Pública máis a auga contabilizada da rede de fluxores.

9) Valores límite de emisión e parámetros a controlar:

Valor medio diario máximo Valor instantaneo máximo

  • Aceites e graxas 100 mg/l 150 mg/l.
  • Sólidos en suspensión 500 mg/l 1.000 mg/l.
  • DBOS 500 mgO2/l 1.000 mgO2/l.
  • DQ0S 1.000 mgO2/l 1.500 mgO2/l.
  • Ph 5,5 - 9 5,5 - 9.
  • Condutividade 5.000 m /cm 5.000 m /cm.
  • Nitróxeno amoniacal 30 mg N/l 50 mg N/l.
  • Nitróxeno total 40 mg N/l 50 mg N/l

10) Horario de Vertedura: 24 horas.

11) A Sección de control, neste caso, quedará reducida a unha arqueta de control de dimensións mínimas 80 x 80 segundo o apartado e) do Anexo VI da Ordenanza.

12) Prazo para adaptarse aos límites de vertedura:

Segundo a documentación achegada, xa cumpre a instalación neste momento os límites de Vertedura.

13) Programa de control de Verteduras:

. Cada ano deberá de realizarse unha analítica na arqueta de control dos parámetros recolleitos no apartado 9) desta Autorización.

. Cada ano deberán entregarse os rexistros do xestor do separador de aceites e graxas, coas súas cantidades correspondentes.

14) Prazo e validez do permiso de Vertedura:

Oito anos desde a Notificación da concesión da Autorización de Vertedura, salvo os condicionantes do Artigo 15.5 da citada Ordenanza Municipal.

15) Notificaráselle a EMALCSA para o control do consumo do contador da Rede de fluxores, co fin de axustar as taxas municipais de saneamento e depuración.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión