Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de abril de 2010

Rexistro central de asociacións da Xunta de Galicia

Información e inscrición

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Secretaría Xeral.

Edificio Administrativo San Caetano, 3ª planta. 15781 Santiago de Compostela.

Tel.: 981 546 484 / 413

Delegación Provincial na Coruña:

Xunta de Galicia. Servizo Interior e Administración Local.

Edificio Administrativo Monelos. Pza. Luis Seoane, s/n. Tel.: 981 185 973.

Cómo inscribir unha asociación no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia:

Hai que solicitar a inscrición na delegación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da provincia onde a asociación teña establecido o seu domicilio (na Coruña, no Edificio Administrativo de Monelos).

A inscrición rexistral fai pública a constitución e os estatutos das asociacións, sendo garantía tanto para os terceiros que con elas se relacionan como para os seus membros.

O prazo de inscrición no rexistro é de tres meses dende a recepción da solicitude. Transcorrido ese prazo sen notificación expresa da resolución, poderase entender estimada a solicitude de inscrición.

O Rexistro Autonómico de Asociacións comunicaralle ao Rexistro Nacional de Asociacións os asentos de inscrición e disolución das asociacións de ámbito autonómico.

Neste rexistro inclúense todas as asociacións que non teñan fins de lucro (por exemplo, asociacións veciñais, culturais, musicais etc.) e que non estean sometidas a un réxime asociativo específico.

Exclúense os partidos políticos, sindicatos, organización empresariais, igrexas, confesións e comunidades relixiosas, federacións deportivas, consumidores e usuarios, comunidades de bens e propietarios, entidades que se rexan polas disposicións relativas ao contrato de sociedade, cooperativas, mutualidades, unións temporais de empresas e agrupacións de interese económico.

Documentación necesaria para facer a inscrición:

Solicitude normalizada para descargar na páxina web da Xunta de Galicia.

http://www.xunta.es/apps/gdp/showFile.do?codCons=PR&codProc=308ª.

Acta fundacional normalizada da páxina web da Xunta de Galicia (2 exemplares coas sinaturas orixinais das persoas asistentes á asemblea de constitución) e deberá conter: nome, apelidos dos promotores cando sexan persoas físicas, ou denominación e razón social se son persoas xurídicas, nacionalidade e domicilio e número de identificación fiscal; a vontade de constituír unha asociación, os pactos establecerán, e a denominación da asociación, que será coincidente coa que figure nos estatutos; lugar e data de outorgamento da acta e sinaturas dos promotores e identificación das persoas que integran o órgano provisional de goberno.

Estatutos. Achegar dous exemplares asinados en todas as follas con sinaturas orixinais de polo menos tres promotores co seu DNI.

Documentación acreditativa da personalidade:

Persoas físicas: copia do DNI.

Persoas xurídicas: certificación do acordo adoptado polo órgano competente no que apareza a vontade de constituír a asociación así como a designación da persoa física que a representará, que deberá remitir copia do seu DNI.

Aboar a taxa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión