Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programas educativos

  • A máscara das drogas 2024-25

    Obradoiro que ten por obxecto promover unha reflexión e actitude crítica que contribúa á toma de decisións saudables respecto ao consumo de substancias en xeral e do consumo de alcohol e cannabis en particular.

  • A mellor estratexia de xogo 2024-25

    Obradoiro que ten como obxectivo previr no alumnado o uso inadecuado dos videoxogos e a toma de conciencia sobre as vantaxes e inconvenientes e o establecemento de estratexias sobre o seu uso.

  • A outra veciñanza 2024-25

    Programa de educación ambiental dirixido a coñecer os distintos tipos de animais da nosa cidade e fomentar unha tenza responsable dos animais domésticos.

  • A rede e as súas redes. Prevención de riscos asociados ao uso da Internet 2024-25

    Este obradoiro ten como obxectivo promover a toma de conciencia por parte dos participantes dos riscos asociados ao uso da Internet e facilitar habilidades para moverse neste novo "hábitat" con seguridade.

  • A ruta da auga 2024-25

    Programa de educación ambiental dirixido a recoñecer e valorar a importancia da auga e o seu consumo responsable.

  • Alimentación e consumo 2024-25

    Ten como obxectivo facilitar a información necesaria para unha alimentación correcta e saudable, concienciando o alumnado de que un consumo responsable terá un impacto positivo na nosa saúde.

  • Antenas de información xuvenil 2024-25

    O Departamento de Mocidade do Concello da Coruña, a través dos Espazos Municipais de Información Xuvenil, sitúan en centros públicos e tamén en centros concertados con ESO e bacharelato da cidade, unha rede de pequenas sucursais informativas durante o curso escolar.

  • Arte e cultura no centro 2024-25

    O programa "Arte e cultura no centro" ofrece unha experiencia educativa que complementa a xornada escolar de nenos e nenas, promovendo o seu desenvolvemento integral a través dun amplo abano de actividades artísticas e culturais nunha contorna lúdica.

    Organízanse a través de dúas propostas diferenciadas: "OBRADOIROS" e/ou "LUDIVERSO".

  • Atrápache o molde?- Promoción do pensamento crítico e prevención da manipulación mediática

    Obradoiro que promove o pensamento crítico, a influencia das ideas preconcibidas nas condutas e a comprensión da manipulación mediática a través da Internet e outros medios.

  • AULAS ACTIVAS de SEGURIDADE VIARIA. Asegura a túa vida na mobilidade 2024-25

    STOP Accidentes xera un modelo de intervención socioeducativa dirixido á poboación nova, que necesita desprazarse, tanto en contornas urbanas coma interurbanas, de forma autónoma e son usuarios habituais de diferentes medios de transporte. Adaptamos a nosa metodoloxía a cada colectivo e actualizando contidos considerando sempre as diferentes idades e momento evolutivo dos participantes para traballar valores de convivencia na mobilidade.

  • Bolsas Norteamérica 2025-2026

    Programa no que ao alumnado de 4.º da ESO, residente na cidade da Coruña, se lle ofrece a oportunidade de cursar o Grao 11 (equivalente a 1º de Bacharelato) en Canadá.

  • Camiños escolares ANCAS (Asociación de Nenos/as Camiñantes por un Ambiente Sostible e seguro) 2024-25

    É un proxecto amigable que forma parte das estratexias do Concello da Coruña e Stop Accidentes para impulsar a mobilidade sostible e converter as persoas peoas nas verdadeiras protagonistas da seguridade viaria.

  • Campacoles 2024-25

    A Federación Provincial de ANPA en convenio co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais (a partir da última semana de xuño e durante o mes de xullo), leva a cabo o programa de "Campacole", que se desenvolve como campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor.

  • Compras seguras 2024-25

    Ten como obxectivo dar a coñecer as principais pautas para identificar claramente os produtos que se comercializan no mercado, así como os requisitos xerais de seguridade.

  • Concerto Música e evolución 2024-25

    Concerto didáctico sobre os instrumentos musicais tradicionais galegos

  • Concurso de cartas e debuxo "Ahora vamos andando al cole" 2024-25

    Dirixido ao alumnado de 3º a 6º de educación primaria da cidade, para promover o camiño escolar e a seguridade viaria en todos os centros da cidade, impulsando hábitos de mobilidade saudables nos desprazamentos cotiáns do alumnado para fomentar o desprazamento a pé de nenos/as e familiares nos seus traxectos escolares.

  • Concurso de drons 2024-25

    Sesións de formación e de familiarización no manexo de drons para posteriormente participar no concurso.

    Trátase de propiciar a introdución na aula dunha tecnoloxía nova e motivadora e de alcanzar obxectivos educativos a través do manexo e da programación de Droneblocks do dron Tello.

  • Consello Local da Infancia da Coruña 2024-25

    O Concello da Coruña, a través do Servizo de Educación, promove o Consello Local da Infancia da Coruña, CLIAC, cuxo obxectivo é constituír un grupo estable de traballo con nenos e nenas da cidade que traslade a voz de infancia ás políticas públicas do Concello.

  • Consumo consciente, colaborativo e responsable 2024-25

    Ten como obxectivo orientar o alumnado cara a un consumo consciente e responsable, descubrindo alternativas para facelo desde unha perspectiva ecolóxica, ética e comprometida coa contorna.

  • Consumo Responsable das Tecnoloxías 2024-25

    Ten como obxectivo favorecer que o alumnado coñeza os seus dereitos e deberes á hora de consumir tecnoloxía, co fin de facer un uso responsable da mesma.

  • Con-tacto con palabras: promoción da saúde mental no ámbito escolar 2024-25

    Ten como obxectivo promover o benestar emocional do alumnado a través da expresión das súas experiencias, pensamentos, sensacións ... e a súa incorporación de forma saudable ao seu hábitat emocional (regularización de emocións, prevención de ansiedade...), como parte da prevención de riscos asociados ao comezo de condutas adictivas.

  • Converxencias arte e ciencia 2024-25 - Exposición

    A exposición "Converxencias, arte e ciencia", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxías e os vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.

  • Cóxegas 2024-25

    CÓXEGAS ofrece unha solución para a conciliación familiar e laboral durante o mes de setembro para escolares de centros públicos. Os nenos e as nenas gozarán de xogos, deportes e actividades lúdicas como teatro e arte, participando nunha emocionante aventura que se desenvolve ao longo de tres semanas.

  • Deporte no centro 2024-25

    O programa DEPORTE NO CENTRO promove o poder do deporte para o desenvolvemento integral dos menores, xa que non só promove a actividade física, senón que tamén ensina valores e habilidades fundamentais.

  • Dereitos e deberes das persoas consumidoras 2024-25

    Ten como obxectivo ofrecer a información necesaria para que o alumnado coñeza os seus dereitos e deberes como persoas consumidoras e que saiba exercelos de maneira responsable.

resultados 79

Programas educativos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión