Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Información Xuvenil

coruna.gal

  • Inicio

Información Xuvenil

Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.

Coñece a Rede de Información Xuvenil

A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.

Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.

Actualidade

  • Uso de instalacións xuvenís para programas de lecer educativo e tempo libre

    Inscricións:

    Dende o 02/05/2025 ata o 12/05/2025

    A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca o procedemento para a concesión do uso de instalacións xuvenís para a realización de programas de lecer educativo e tempo libre durante a campaña de verán 2025 para colectivos xuvenís.

  • Actividades de maio no Espazo Xuvenil O Remanso

    Cando:

    Dende o 02/05/2025 ata o 22/05/2025

    O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de maio. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.

  • Mostra ‘Menssana’ na Domus

    Cando:

    Dende o 10/03/2025 ata o 31/05/2025

    A Domus acolle a exposición temporal itinerante «Menssana», unha mostra que persegue promover a saúde mental na poboación xuvenil e erradicar falsos mitos que adoitan xerar un estigma social de quen decide pedir axuda profesional.

  • Listas de interinidades e substitucións para o corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas

    Inscricións:

    Ata o 05/05/2025

    A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas nas especialidades de portugués e galego.

  • Campos de Voluntariado en Galicia

    Inscricións:

    Dende o 02/05/2025 ata o 15/05/2025

    2ª convocatoria: apertura o 20 de maio ás 9:00 h. 

    A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pon en marcha a Campaña de verán 2025, na que se inclúen as prazas en campos de voluntariado. Os campos de voluntariado son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos.

  • Listas de interinidades e substitucións para o corpo de profesores de ensino secundario

    Inscricións:

    Ata o 05/05/2025

    A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario nas especialidades de portugués e lingua e literatura galega.

Convocatorias

RRSS Información Xuvenil

@MocidadeCoruna en X

@MocidadeCoruna en Facebook

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible