8 resultados

Dende o 01/04/2026 ata o 30/04/2026
O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades do mes de abril, elaborada arredor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas.

Dende o 31/03/2026 ata o 05/04/2026
O museo ofrece un programa de actividades concibido para achegar o patrimonio científico e tecnolóxico de forma participativa e amena. A través da aplicación do método de traballo de Alexander von Humboldt —baseado na observación, a experimentación, a medición e a conexión entre fenómenos—, as actividades convidan a explorar e comprender a colección do museo e a exposición temporal "Os instrumentos de Humboldt: ferramentas para unha nova visión da natureza desde unha perspectiva activa e lúdica".

ata o 29/05/2026
A biblioteca e centro de documentación ambiental do CEIDA acolle nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora a exposición 'Aves que alumean os nosos días', do artista Gustavo Pedre Vázquez (Monguiart). A mostra poderá visitarse na planta baixa da biblioteca.

ata o 30/06/2026
O Aquarium Finisterrae acolle a exposición fotográfica Antropoceno. Trátase dunha colección de fotografías de Fernando Moleres sobre o impacto da actividade humana no medio ambiente.

Dende o 01/02/2026 ata o 30/06/2026
O Aquarium Finisterrae presenta a exposición «Unha historia de pingüíns», formada por 15 imaxes destas aves antárticas tomadas por Sergey Antonenko, fotógrafo ucraíno actualmente residente na Coruña.

ata o 12/04/2026
A exposición do artista Antón Patiño reúne unha selección de obras recentes, fundamentalmente creadas nos dous últimos anos, e concibidas expresamente para o espazo de Palexco.

Dende o 11/12/2025 ata o 26/04/2026
A Fundación Luis Seoane acolle a exposición "Aquí e agora", do artista Guillermo Monroy.

Dende o 22/11/2025 ata o 01/05/2026
A Fundación MOP organiza "Wonderland", de Annie Leibovitz, a gran retrospectiva da obra desta fotógrafa e retratista. A exposición fará un percorrido polo abraiante universo fotográfico de Leibovitz en toda a súa dimensión, e achegaranos a obra da artista a través de catro seccións diferenciadas que nunca antes foran presentadas de forma conxunta nunha única mostra.
resultados 8
Dende o 04/04/2026 ata o 26/04/2026
Dende o 05/04/2026 ata o 25/04/2026
Dende o 07/04/2026 ata o 18/05/2026
ás 15:00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible