Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

9 resultados

  • 1 Páxinas
  • 1
  • Programadoras/é Puwerty 2024| A Casa Acesa

    Azulea en Puwerty 2024. Estudo Perplexo, A Casa Acesa

    Inscricións:

    Ata o 10/01/2025

    ata as 14:00h.

    Se tes 24 anos ou menos e queres programar na Casa Acesa (Madrid) as próximas dúas edicións do Festival Puwerty, esta é a túa convocatoria. 

  • Bono Taxi 2025

    Cartel de taxi.

    Inscricións:

    Ata o 17/01/2025

    O Concello da Coruña convoca as axudas destinadas a apoiar o transporte en taxi de persoas con discapacidade para o ano 2025. Estas axudas (bono-taxi) van dirixidas a persoas cunha discapacidade que afecte gravemente á súa mobilidade e que lles impida utilizar os transportes públicos colectivos.

  • Tarxeta Xente Nova 2025

    Tarxeta Xente Nova.

    Inscricións:

    Ata o 31/12/2025

    A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes amplía o prazo de vixencia da tarifa específica Xente Nova no transporte público interurbano da competencia da Xunta de Galicia, para o ano 2025.

  • Prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero

    manos agarradas

    Inscricións:

    Ata o 31/12/2024

    A Secretaría Xeral da Igualdade convoca para o ano 2024 axudas económicas de carácter periódico a mulleres que sofren violencia de xénero, para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor, ou da persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación e/ou de explotación para os casos das mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual e/ou vítimas de explotación sexual.

  • Microcréditos á formación 2024

    Cartel de la convocatoria.

    Cando:

    Debes terte formado entre o 1 de xaneiro do 2023 (ao comezo da formación) e o 1 de setembro de 2025. A formación acreditada debe ter finalizado con posterioridade ao 29 de maio de 2024.

    Inscricións:

    Ata o 30/09/2025

    O Ministerio de Traballo e Economía Social convoca axudas para a formación de persoas traballadoras ocupadas e desempregadas mediante a realización de accións de formación que, de acordo co seu perfil, se destinen a impulsar ou mellorar a súa carreira profesional ou a súa empregabilidade, ou permitan adquirir novas competencias para a transformación dixital, verde e produtiva. Estás accións terán unha dotación de 600 euros para cursos dun importe igual ou superior.

  • Axuda económica a través da tarxeta Benvida

    Tarxetas benvida

    Inscricións:

    2 meses desde o día seguinte do nacemento ou resolución de adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento permanente (3 meses se a persoa é emigrante retornada). No suposto de muller xestante, en calquera momento do 2024 sempre que supere as 21 semanas de xestación.

    A Consellería de Política Social e Xuventude convoca a axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para familias que no 2024 teñan un fillo/a, adopten, sexan declaradas en situación de garda con fins adoptivos ou acollan de xeito permanente a un ou máis menores de ata 3 anos, así como para aquelas mulleres que no ano 2024 se atopen na semana 21 ou posterior de xestación.

  • Tarxeta Xente Nova

    Tarxeta Xente Nova.

    Inscricións:

    Ata o 31/12/2024

    A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade amplía o prazo de vixencia da tarifa específica Xente Nova no transporte público interurbano de competencia da Xunta de Galicia, para o ano 2024.

  • Bono de Alugueiro Social

    Logo do Igvs

    Inscricións:

    Ata o 30/11/2026

    ou ata o esgotamento da partida orzamentaria. 

    A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda convoca subvencións do programa Bono de Alugueiro Social destinado a atender con carácter urxente situacións de especial dificultade económica nos casos que se especifican na convocatoria.

  • Ingreso Mínimo Vital

    Logo do Ingreso Mínimo Vital

    Inscricións:

    Dende o 15/06/2020

    O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións mantén aberto o prazo de solicitude do Ingreso Mínimo Vital, unha prestación dirixida a previr o risco de pobreza e exclusión social das persoas que vivan soas ou integradas nunha unidade de convivencia, cando se atopen nunha situación de vulnerabilidade por carecer de recursos económicos suficientes para a cobertura das súas necesidades básicas.

resultados 9

  • 1 Páxinas
  • 1

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión