23 resultados

Ata o 12/06/2026
A Bolsa Aella, da Fundación Iberdrola, está dirixida a mulleres interesadas en cursar ciclos de Formación Profesional de Grao Medio ou Grao Superior en áreas crave para o sector enerxético, industrial e tecnolóxico.

Ata o 02/06/2026
O Ministerio de Igualdade convoca 9 bolsas de formación no Instituto de las Mujeres co obxectivo de capacitar no coñecemento teórico-práctico sobre materias vinculadas coa igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, así como para a prevención e eliminación de toda discriminación que sofren as mulleres.

Ata o 23/06/2026
ata as 14:00 h.
A Universidade da Coruña (UDC) convoca prazas de aloxamento nas residencias públicas universitarias dos campus da Coruña e Ferrol para o curso académico 2026/27.

Ata o 22/06/2026
ata as 14:00 h.
A Universidade de Santiago de Compostela abre o prazo de solicitude para a convocatoria de prazas de aloxamento do Servizo Universitario de Residencias (SUR) para o curso 2026-2027.

Ata o 22/06/2026
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dispón de residencias xuvenís que, ademais de aloxamento e mantenza, ofrecen unha serie de servizos e actividades complementarias. As ditas instalacións póñense á disposición das persoas mozas estudantes, coa reserva dun número de prazas para as persoas mozas traballadoras.

Ata o 03/06/2026
A Valedora do Pobo convoca dúas bolsas para contribuír á formación práctica de persoas con diversidade funcional psíquica.

Ata o 19/06/2026
por vía electrónica ou nos centros docentes.
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2026/27.

O inicio das bolsas está previsto o 21 de setembro de 2026. A bolsa terá unha duración de 24 meses.
Ata o 14/06/2026
A Fundación SEPI convoca 1 bolsa de formación práctica, que se desenvolverá no Consello Europeo para a Investigación Nuclear (CERN) en Xenebra.

Dende o 19/05/2026 ata o 10/09/2026
ás 15:00 horas.
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca as axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta, trastornos graves da comunicación e da linguaxe, TEA e altas capacidades.

Ata o 11/06/2026
A Axencia de Turismo de Galicia convoca bolsas de formación práctica que lles permiten ás persoas tituladas acceder a prácticas tuteladas co fin de actualizar e mellorar os seus coñecementos e habilidades en materias vencelladas co turismo.
resultados 23
Ata o 22/06/2026
Dende o 05/09/2026 ata o 10/09/2026
Dende o 22/05/2026 ata o 29/05/2026
Ata o 19/06/2026
por vía electrónica ou nos centros docentes.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible