Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

A orientación e a identidade sexual son temas que, segundo as vivencias que se teñan, poden resultar tremendamente simples ou poden ser aceptadas ou non pola persoa. Tanto a orientación como a identidade sexual vanse configurando desde que nacemos, dentro dun proceso de aprendizaxe e de socialización. Neste proceso de aprendizaxe inflúen moitos factores: características persoais, vivencias afectivas, influencia da contorna (a familia, os amigos, a escola, os medios de comunicación etc.).

Que é a identidade sexual?

Bioloxicamente temos certos caracteres celulares, morfolóxicos, fisiolóxicos, que determinan o noso sexo. Agora ben, hai persoas cuxo corpo físico non corresponde ao seu "psíquico", á súa forma de entenderse e sentirse sexualmente a si mesmos. Nestes casos, fálase de identidade sexual discordante: é o caso dos mozos que se senten mozas, e que se senten incómodos co seu corpo; ou das mozas que, por sentirse mozos, séntense a desgusto co seu corpo de muller.

Que é a orientación sexual?

Consiste na tendencia sexual de cada persoa. No momento de relacionarnos sexualmente con alguén, caben varias posibilidades:

  • Sentir atracción por persoas de noso mesmo sexo: HOMOSEXUALIDADE
  • Sentir atracción por persoas de distinto sexo: HETEROSEXUALIDADE
  • Sentir atracción por persoas dos dous sexos: BISEXUALIDADE

A nosa elección determina a nosa orientación sexual. Os factores que inflúen na orientación sexual son múltiples. De todos os xeitos, cales sexan as causas últimas da orientación sexual, dá un pouco igual. O importante é que non se pode, simplemente, escoller ser unha cousa ou outra, e que nun determinado momento da vida un/unha encóntrase con que lle gustan os mozos, as mozas, ou as dúas cousas.

O problema é que, aínda que a homosexualidade e a bisexualidade existiron dende sempre, ata hai pouco eran opcións moi mal vistas socialmente. De feito, a homosexualidade foi considerada unha enfermidade ata hai moi pouco tempo. As cousas foron cambiando aos poucos, e hoxe, na maior parte das sociedades occidentais, enténdese que a orientación homosexual do desexo é tan válida como a heterosexual. Con todo, non debe esquecerse que aínda hai países nos que a práctica homosexual consentida entre adultos considérase delito; e aínda persisten, en moitos habitantes de países teoricamente "modernos", grandes prexuízos contra a homosexualidade. Todo isto fai que, para algunhas persoas, a confirmación e aceptación da súa orientación sexual sexa un proceso problemático, tanto pola propia dificultade de asumilo, como pola reacción da contorna.

(2ª parte) Que é a orientación sexual?

Como xa dixemos, a orientación sexual vaise configurando dende o nacemento; pero na adolescencia perfílase (aínda que pode sufrir cambios ao longo de toda a vida). O que ocorre é que a adolescencia é unha etapa chea de cambios, de desexos de experimentar, de coñecerse a si mesmo e de relacionarse cos demais. Este afán de vivir novas experiencias fai que, en ocasións, se teñan fantasías ou se leven a cabo condutas homosexuais por diversas razóns (por medo a relacionarse co outro sexo, por probar algo novo...) Agora ben, isto non determina de forma definitiva a orientación sexual. Estas vivencias poden ser froito dun período de indecisión, de experimentación persoal, etc. Hai moitas persoas que, tras ter algunha práctica homosexual, consolidan a súa heterosexualidade. Outras persoas, en cambio, terminan definindo o seu desexo cara ao mesmo sexo.

(3ª parte) Que é a orientación sexual?

Gai. Bi. Lesbiana. Homo. A forma en que sentimos a nosa sexualidade pode cambiar co tempo. As etiquetas, ás veces, resultan atafegantes, estereotipos opresivos; pero tamén poden ser fonte de seguridade, e mesmo de orgullo. É frecuente que a xente presione dunha forma ou doutra para que definamos a nosa sexualidade. É como se aos seres humanos nos fose moi difícil enfrontarnos á ambigüidade.

Tanto se estás feliz de identificarte como unha ou outra cousa, como se aínda non che apetece poñerte un cualificativo, ou estás en contra das etiquetas e das definicións cerradas, acórdate de que É COUSA TÚA. A final de contas, a túa sexualidade é túa e ti es quen debe sentirse a gusto con ela.

(4ªparte) Que é a orientación sexual?

Se tes algunha dúbida sobre a túa identidade ou da túa orientación sexual, o mellor é que teñas un pouco de paciencia e non te deixes levar polos nervios ou a intranquilidade. Deixa que as cousas evolucionen, non as forces. Co tempo irás tendo máis claro este tema, irás cobrando seguridade e o teu desexo "aclararase". De todos os xeitos, lembra que se tes dúbidas ou problemas en relación con este tema, podes pedir axuda a un profesional. Podes acudir aos Centros de Planificación Familiar da túa localidade (en case todos traballa un psicólogo), ou buscar información en diversas páxinas web; mesmo, algunhas destas páxinas informativas permítenche formular a túa consulta en liña.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión