Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da área de Igualdade, Benestar Social e Participación. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Hasta el 31/10/2024
O Colexio Oficial de Podólogos de Galicia convoca a primeira edición do Concurso de Fotografía e Artes Plásticas.
A Consellería de Educación lanza un ano máis o programa That's English! para a preparación dos exames de certificación de inglés dos niveis B2 e C1 na modalidade a distancia.
05/09/2024
O CEIDA organiza, no Pazo de Lóngora, un obradoiro de iniciación ao Haiku para rapazada de entre 7 a 14 anos.
Hasta el 17/07/2024
Provisión, con carácter temporal de: 1 praza de Xefe de Brigada / 1 praza de Peón Condutor / 3 prazas de Peóns de Brigada / 3 prazas de Operario de Motobomba.
Hasta el 30/09/2024
O Concello de Dumbría lanza o concurso de fotografía #DumbríaÉ co obxectivo de amosar a riqueza cultural, gastronómica, paisaxística e patrimonial do municipio.
Hasta el 09/09/2024
2º prazo do 14 de outubro ao 14 de novembro de 2024.
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual dentro e fóra do territorio español.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible