Como crear unha asociación?
Os trámites de creación dunha asociación poden parecer complicados, pero son moito máis faciles do que imaxinas, así que non deixedes que as cuestións burocráticas vos desanimen.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A TRAMITACIÓN DA INSCRICIÓN DAS ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO
1. Solicitude de inscrición da asociación, na que conste:
Dirixida ao Delegado/a Provincial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, da provincia correspondente, asinada pola persoa designada para tal efecto na acta da asemblea extraordinaria ou polo representante da asociación segundo os estatutos
- Nas asociacións de ámbito provincial:
A instancia dirixirase á Directora Xeral de Interior, asinada pola persoa designada para tal efecto na acta da asemblea extraordinaria ou polo representante da asociación segundo os estatutos
- Nas asociacións de carácter autonómico:
2. Acta fundacional, por duplicado exemplar na que se identifica a todos os promotores e especifícase o lugar e a data do seu outorgamento. Na acta débense recoller as sinaturas orixinais de todos os promotores, debe figurar a súa vontade de constituír a asociación e desígnanse os membros dos órganos provisionais de goberno.
3. Dous exemplares dos estatutos asinados en todas as follas con sinaturas orixinais dos promotores.
4. Documentación acreditativa da personalidade:
5. Taxa. Segundo a lexislación orzamentaria vixente.
6. Opcionalmente, podemos solicitar a inscrición no Censo de entidades xuvenís e prestadoras de servizos á mocidade da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para poder acceder ás subvencións que anualmente son convocadas por este organismo.
Unha vez realizados os trámites de inscrición da Asociación no Rexistro da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, recibiremos no prazo aproximado dun mes a confirmación da devandita inscrición.
TRÁMITES QUE HAI QUE REALIZAR ANTE FACENDA:
REXISTRO MUNICIPAL DE ASOCIACIÓNS CORUÑESAS - REMAC
É conveniente que calquera asociación, ou entidade sen ánimo de lucro, legalmente constituída e que teña o seu ámbito de actividade dentro da cidade da Coruña se inscriba no Rexistro de Asociacións do Concello para o seu pleno recoñecemento a nivel municipal.
Para formalizar a inscrición no REMAC, é necesario realizar unha solicitude no Rexistro Xeral do Concello e presentala acompañada da seguinte documentación:
1. Copia compulsada dos Estatutos da Asociación.
2. Copia compulsada da inscrición no Rexistro Nacional ou no Autonómico de Asociacións.
3. Certificación das persoas que ocupan os cargos directivos.
4. Copia compulsada da tarxeta do NIF. Copia compulsada do DNI do presidente/a da entidade.
5. Domicilio social, número de teléfono, fax, páxina web e correo electrónico.
6. Orzamento do ano en curso.
7. Programa de actividades do ano en curso.
8. Certificación do número de socios.
9. Forma en que se queren recibir as notificacións e a información procedente do Concello, preferentemente a través de medios telemáticos.
Os días 21/02/2025 ás 08:30 , 07/03/2025 ás 08:30 , 14/03/2025
Dende o 27/01/2025 ata o 31/01/2025
Dende o 31/03/2024 ata o 31/03/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible