11 resultados

Ata o 30/06/2026
Ecoloxistas en Acción convoca a 4ª edición do certame de relatos e ilustracións ecotópicas cos que imaxinar futuros posibles e desexables para este planeta.

Ata o 30/06/2026
Edicións Fervenza e a empresa Técnicas & Gramaxe S.L., coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a Fundación Xosé Neira Vilas, dos concellos de Boqueixón, Vila de Cruces e Silleda e mais das Deputacións de Pontevedra e Ourense, convocan a 11ª edición do Concurso Balbino de Relatos.

Ata o 15/06/2026
O Concello de Abegondo convoca o Certame Letras Galegas 2026 co obxectivo de potenciar o uso da lingua galega, promover a literatura galega ao tempo que homenaxear a figura de Begoña Caamaño, a quen se lle dedica no ano 2026 o Día das Letras Galegas.

Ata o 27/06/2026
Co gallo da celebración do 30 aniversario da fundación do Batallón Literario da Costa da Morte, o Concello de Cee abre as portas deste certame dedicado á creación e á palabra.

Ata o 24/05/2026
Zenda Libros, co patrocinio de Iberdrola, convoca unha nova edición deste concurso de poesía no que un xurado formado por coñecidos escritores e escritoras elixirá un gañador e dous finalistas.

Ata o 31/05/2026
O Concello de Vilagarcía de Arousa convoca este certame bienal para promover a creación literaria en lingua galega e homenaxear ao intelectual Fermín Bouza Brey.

Ata o 31/07/2026
O concello de Bergondo convoca a 7ª edición do Premio de Poesía Filomena Dato.

Ata o 01/07/2026
Agadea alzheímer convoca o V Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer.

Ata o 31/05/2026
O Concello de Vilalba organiza un concurso de Microrrelatos que ten como finalidade incentivar o hábito lector, promover a escrita creativa e favorecer a participación cultural da poboación.

Ata o 31/05/2026
Coa idea de tecer unha rede de cultura e activista, o festival organiza, por quinto ano consecutivo, un concurso literario de relato curto sobre diversidade en colaboración coa Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña, a través do club de lectura QUEERuña.
resultados 11
Ata o 22/06/2026
Dende o 05/09/2026 ata o 10/09/2026
Dende o 22/05/2026 ata o 29/05/2026
Ata o 19/06/2026
por vía electrónica ou nos centros docentes.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible