Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

25 resultados

  • Certame de relatos e ilustracións ecotópicas 2026

    cartel do concurso

    Inscricións:

    Ata o 30/06/2026

    Ecoloxistas en Acción convoca a 4ª edición do certame de relatos e ilustracións ecotópicas cos que imaxinar futuros posibles e desexables para este planeta.

  • Concurso Balbino de Relatos

    Ilustración de Isaac Díaz Pardo da portada do libro

    Inscricións:

    Ata o 30/06/2026

    Edicións Fervenza e a empresa Técnicas & Gramaxe S.L., coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a Fundación Xosé Neira Vilas, dos concellos de Boqueixón, Vila de Cruces e Silleda e mais das Deputacións de Pontevedra e Ourense, convocan a 11ª edición do Concurso Balbino de Relatos.

  • Concurso de Banda Deseñada GFFF

    cartel do concurso

    Inscricións:

    Ata o 29/06/2026

    O Galician Freaky Film Festival, o festival internacional de cinema freak e fantástico de Vigo, convoca o concurso de banda deseñada “Vingadores Mutantes” conforme á temática desta edición do festival, as mutacións.

  • Certame de Música Nova Granitorock 2026

    cartel do concurso

    Inscricións:

    Ata o 29/05/2026

    A Concellería de Mocidade do Concello de Collado Villalba convoca o Certame de Música Nova Granitorock 2026, co fin de promover a expresión musical dos mozos.

  • Certame Letras Galegas do Concello de Abegondo

    Imaxe de Begoña Caamaño

    Inscricións:

    Ata o 15/06/2026

    O Concello de Abegondo convoca o Certame Letras Galegas 2026 co obxectivo de potenciar o uso da lingua galega, promover a literatura galega ao tempo que homenaxear a figura de Begoña Caamaño, a quen se lle dedica no ano 2026 o Día das Letras Galegas.

  • I Certame “Batallón Literario da Costa da Morte”

    Fotografía da costa. Mar e penedos

    Inscricións:

    Ata o 27/06/2026

    Co gallo da celebración do 30 aniversario da fundación do Batallón Literario da Costa da Morte, o Concello de Cee abre as portas deste certame dedicado á creación e á palabra.

  • Concurso fotográfico "Meteoprimavera 2026"

    cartel do concurso

    Inscricións:

    Dende o 01/06/2026 ata o 10/06/2026

    A Asociación Meteorolóxica Española (AME), en colaboración con Tempo.com, convoca o concurso de fotografía "Meteoprimavera 2026".

  • XIV Concurso de fotografía Fundación AguaGranada

    Cartel do concurso

    Inscricións:

    Dende o 22/06/2026 ata o 26/06/2026

    ata as 14.00 h.

    Fundación AguaGranada, coa colaboración de Fundación Caixa Rural Selecta, convoca o XIV Concurso de fotografía co fin de difundir, dentro desta modalidade, o importantísimo vínculo de Granada coa auga.

  • I Concurso Escolar de Cómics CITEEC

    cartel do premio.

    Inscricións:

    Ata o 12/06/2026

    O Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña convoca a primeira edición do seu Concurso Escolar de Cómics, un certame destinado a alumnado de primaria e secundaria que busca dar visibilidade ao traballo da muller na enxeñaría.

  • #concursodepoesía de Zenda Libros

    Banner do concurso

    Inscricións:

    Ata o 24/05/2026

    Zenda Libros, co patrocinio de Iberdrola, convoca unha nova edición deste concurso de poesía no que un xurado formado por coñecidos escritores e escritoras elixirá un gañador e dous finalistas.

resultados 25

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión