54 resultados

Dende o 12/06/2026 ata o 13/06/2026
Nesta actividade ofrécese ao estudantado que quere estudar na USC o vindeiro curso a posibilidade de visitar os distintos centros dos Campus de Santiago e Lugo para recibir información directa dos estudos de Grao que se ofertan.

Dende o 08/06/2026 ata o 11/06/2026
Edición de pimavera da Festa do Cinema. Un evento de 4 días nos que se poderán adquirir as entradas de cinema a 3,50€. As salas de cinema da cidade serán: Os Cantóns cinemas e Cinesa Marineda City.

Dende o 15/06/2026 ata o 04/09/2026
O Centro Xuvenil Abeiro organiza as mañás de verán 2026 con obradoiros, xogos, actividades de animación á lectura, xincanas de auga e deportes para nenas e nenos nados entre os anos 2014 e 2022.

Dende o 02/06/2026 ata o 07/06/2026
A primeira semana de xuño de 2026, A Coruña volverá ser a capital internacional do cine de vangarda coa celebración da XVII edición do (S8) Mostra de Cinema Periférico, que este ano dedica a súa imaxe e sesión inaugural ás eclipses. O festival acontecerá en cinco sedes: a Filmoteca de Galicia, Cantones Cines, a Domus, a Fundación Luis Seoane e a Atalaya.

Dende o 12/05/2026 ata o 03/06/2026
AK, Laura Parajuá, Mara Vecoña e Natane Vilas son o catro fotógrafas/os galegas/os protagonistas da edición 2026 da exposición colectiva Future Stories, que poderá visitarse no Silo do Centro MOP.

Dende o 23/05/2026 ata o 31/08/2026
O Centro Social Gomes Gaioso organiza exta exposición do artista Carlos Lopes, a cal xorde das lembranzas dunha viaxe en bicicleta pola provincia de Lugo no ano 2021.

Dende o 05/09/2026 ata o 10/09/2026
A Dirección Xeral de Xuventude, ao abeiro das relacións bilaterais que a Xunta de Galicia mantén con entidades doutros países, convoca un intercambio xuvenil á Prefectura de Wakayama (Xapón) co obxectivo de coñecer outras realidades socioculturais e lingüísticas e favorecer a adquisición de habilidades e competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal dos mozos e mozas.

Os campos de voluntariado son actividades que se realizan para apoiar á Rede de Parques Nacionais no estudo de seguimento do Cambio Climático en ecosistemas acuáticos de alta montaña e realízanse de forma colectiva na que os participantes acceden de forma voluntaria co ánimo de contribuír a mellorar os espazos naturais que nos rodean.

06/06/2026
Ayuda en Acción, en colaboración coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), organiza unha xornada de voluntariado ambiental para coidar os nosos mares e protexer a vida mariña: limpeza da praia de Bens.

Dende o 13/05/2026 ata o 19/07/2026
O debuxante David Pintor estréase no Kiosco Alfonso coa mostra ‘Trazos’, onde o debuxo invade os espazos nas súas diferentes formas: caricaturas, deseños de produto, ilustración editorial, publicidade, ilustración infantil ou debuxos de viaxes. Un percorrido por máis de 30 anos de profesión onde o artista galego reivindica a importancia do debuxo como manifestación artística e comunicativa e demostra a súa versatilidade e as grandes posibilidades que ten esta arte.
resultados 54
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible