Quedaches con algunha dúbida? Ponte en contacto connosco se necesitas ampliar a información.
Son vivendas que teñen limitado o prezo tanto para o alugamento como para a venda. As vivendas de protección son declaradas así polo organismo autonómico competente. Hai dous tipos: as viviendas de promoción pública e as viviendas de promoción privada.
Son as viviendas promovidas (é dicir construidas) por unha administración pública. Son as vivendas protexidas máis baratas, por iso adoitan estar reservadas para unidades familiares de rendas máis baixas. O prezo da compra ou do alugueiro variará en función dos ingresos da unidade familiar: as rendas máis baixas pagarán menos polas vivendas.
Son vivendas promovidas por unha empresa privada, máis baratas que a vivenda libre, xa que a lei pon un límite ao seu prezo de venda ou alugamento. En Galicia chámanse viviendas de protección autonómica (VPA).
Non ter vivenda en propiedade (con excepcións), non superar o máximo de ingresos que se fixe para cada tipo de vivienda, e inscribirte no Rexistro de Demandantes de Vivienda de Galicia. Nas viviendas de promoción pública ademais, terás que estar empadroada/o ou traballando no concello no que a solicitas.
É o rexistro no que terás que inscribirte se queres optar a unha vivenda de protección. Podes facelo en liña na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI428C&ano=2016&numpub=1&lang=gl . No apartado de inscrición terás que sinalar cal é a tú opción preferente, e no de anotacións o resto das túas preferencias.
Non. A única excepción son as das persoas socias dunha cooperativa de vivendas.
Por sorteo entre as persoas inscritas no Rexistro de Demandantes de Vivenda.
Se a persoa propietaria dunha VPP quere vendela, terá que facelo a través dun sorteo entre as persoas inscritas no Rexistro, así que non, no poderás comprala directamente.
Terás que solicitar que te inclúan no sorteo desa promoción.
Na páxina do Instituto Galego da Vivenda e Solo: http://igvs.es/web/igvs/portada
Dende o 21/11/2024 ata o 04/12/2024
Dende o 17/01/2025 ata o 20/01/2025
Ata o 02/12/2024
(novo prazo)
28/11/2024
Dende o 13/11/2024 ata o 26/11/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible