Portais de emprego: No apartado Webs de emprego da nosa web deixámosche unha listaxe de portais xeneralistas e sectoriais que podes utilizar. Lembra: mantén o teu perfil actualizado e utiliza palabras crave.
LinkedIn: Explora ofertas, segue empresas e conecta con profesionais clave. Usa a función de empregos "suxeridos" e activa alertas personalizadas para recibir notificacións.
Páxinas web de empresas: Sección de Carreiras "" ou "Emprego".
Configura alertas de emprego
Configura alertas específicas por palabras crave, industria ou localización. Isto permíteche estar ao tanto das vacantes relevantes en tempo real, sen ter que revisar manualmente.
Refina as túas procuras
Usa termos específicos nas túas procuras para atopar empregos aliñados co teu perfil. Engade palabras crave relacionadas co teu sector e habilidades técnicas para resultados máis relevantes.
As axencias de colocación e as empresas de traballo temporal (ETT) poden ser ferramentas moi útiles para a procura de emprego.
Axencias de colocación
Son entidades, públicas ou privadas, que actúan como intermediarias entre as persoas que buscan emprego e as empresas que necesitan persoal.
Utilidade:
Empresas de traballo temporal (ETT)
Son empresas que contratan directamente ás persoas traballadoras para cedelos a outras compañías de maneira temporal.
Utilidade:
Vantaxes xerais de ambas
Ao final da páxina deixámosche unha listaxe de ETT que teñen oficina na Coruña.
Consulta no centro no que te formaches se teñen unha bolsa de traballo ou prácticas.
As ofertas de emprego ocultas son vacantes que non se publican en portais de emprego nin en medios convencionais. Estas oportunidades adoitan cubrirse a través de referencias, contactos internos, ou procuras proactivas de talento por parte das empresas. Estímase que unha gran parte das contratacións ocorre neste mercado laboral oculto, o que o converte nunha estratexia crave para quen busca emprego de maneira proactiva.
¿Como acceder ás ofertas ocultas?
Amplía a túa rede de contactos a través do netwoking e feixe saber ao teu círculo próximo que estás a buscar emprego. As referencias persoais adoitan ser determinantes.
A autocandidatura consiste en postularse para un posto de traballo nunha empresa sen que se publicou unha oferta específica. É unha forma proactiva de demostrar interese en traballar nunha organización concreta, mostrando iniciativa e motivación, pero debe utilizarse de maneira estratéxica para que poida resultar efectiva.
Investiga a fondo a empresa e o sector
Carta de presentación personalizada:
Curriculum vitae adaptado á empresa e posto ao que queres postular. Utiliza palabras crave do apartado por onde empezo.
Canles de envío:
Feixe seguimento: Contacta de novo despois dunhas semanas para mostrar o teu interese e preguntar por oportunidades futuras.
O termo "networking" refírese á creación dunha rede de contactos tanto dentro como fóra dunha contorna laboral. O seu obxectivo principal é intercambiar información, recursos e oportunidades. Esta práctica volveuse esencial nun mundo empresarial cada vez máis competitivo, onde as conexións poden abrir portas a novas oportunidades laborais e colaborativas.
¿Como podo conseguir eses contactos?
Dende o 19/05/2025 ata o 23/05/2025
24/04/2025
Ata o 22/04/2025
Dende o 11/04/2025 ata o 30/04/2025
ata as 13:00 h.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible