Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

O Corpo Europeo de Solidariedade é unha iniciativa da Unión Europea cuxo obxectivo é crear oportunidades para que a mocidade traballe como voluntaria ou colabore en proxectos nos seus propios países ou no estranxeiro que beneficien a comunidades e cidadanía de toda Europa.

​As persoas mozas constitúen a poboación destinataria do Corpo Europeo de Solidariedade. Salvo polos proxectos solidarios, nos que poden presentar unha solicitude directamente, os mozos involúcranse co Corpo principalmente a través de organizacións, institucións e organismos públicos ou privados que organizan actividades solidarias.

Quen pode participar?

Os mozos poden expresar o seu desexo de participar no Corpo Europeo de Solidariedade inscribíndose no portal do Corpo Europeo de Solidariedade. É posible rexistrarse no devandito portal a partir dos 17 anos, pero os participantes deben cumprir os 18 anos e non deben ser maiores de 30 anos ao comezo da actividade. No caso dos participantes en actividades solidarias relacionadas coa axuda humanitaria, o límite de idade máxima ao comezo da actividade é de trinta e cinco anos.

Podes facer a túa inscrición aquí

Que tipos de proxectos hai?

Os proxectos estrutúranse en dous grupos:

  • Participación dos mozos en actividades solidarias
  • Voluntariado no ámbito da axuda humanitaria

Actividades solidarias

  • Proxectos de voluntariado 
    • Este tipo de actividade solidaria desenvólvese a través de organizacións participantes que brindan aos mozos a oportunidade de levar a cabo unha ampla variedade de actividades dunha maneira estruturada.
    • Que actividades reciben apoio?
      • Voluntariado individual 
        • Pode durar de 2 a 12 meses.
        • Faise en xornada completa (de 30 a 38 horas semanais).
        • Adoita ser transfronteirizo, é dicir, nun país diferente do teu (aínda que tamén pode haber proxectos no teu propio país).
        • Nalgúns casos, pódese facer durante un período máis curto (de 2 semanas a 2 meses), por exemplo, cando se trata de participantes con menos oportunidades ou discapacidade.
        • Terás relación con dúas organizacións:
      • Voluntariado en equipo 
        • As persoas voluntarias realizarán tarefas para un proyecto durante un breve período de tempo (normalmente, pero no de forma exclusiva, durante as vacacións, descansos entre períodos de estudio, transición desde o mundo educativo ao mundo laboral, etc.):
        • Pode durar entre 2 semanas e 2 meses.
        • Faise en xornada completa (de 30 a 38 horas semanais).
        • Realízase con outras persoas de polo menos 2 países distintos. O grupo pode ter entre 10 e 40 participantes e incluír a persoas con menos oportunidades.
        • Non necesitarás unha organización de apoio.
  • Voluntariado en equipo en ámbitos de alta prioridade
    • Son proxectos a gran escala e cun impacto elevado en apoio de actividades de voluntariado que levan a cabo persoas mozas vindos de polo menos dous países distintos para dar mostras de solidariedade mediante intervencións de curta duración que fagan fronte a retos europeos comúns en ámbitos estratéxicos definidos cada ano a nivel da UE.
  • Proxectos solidarios
    • Un proxecto solidario é unha actividade de solidariedade sen ánimo de lucro iniciada, desenvolvida e executada polos propios mozos durante un período de entre dous e doce meses . Ofrece a un grupo de polo menos 5 persoas mozas a oportunidade de mostrar a súa solidariedade asumindo a responsabilidade e comprometéndose para lograr un cambio positivo na súa comunidade local. O proxecto debe ter un tema claramente identificado que o grupo de mozos desexe explorar xuntos e que debe traducirse nas actividades cotiás concretas do proxecto e implicar a todos os membros do grupo. Os proxectos solidarios deben abordar desafíos clave dentro das comunidades, cando cumpra, incluídos os identificados conxuntamente nas rexións fronteirizas, e tamén achegar valor engadido europeo.
    • Contarás cunha axuda de 500€ mensuales. Para iso, terás que solicitar financiación directa presentando unha solicitude oficial nos plazos establecidos.
    • +INFO: https://youth.europa.eu/solidarity/young-people/solidarity-projects_es

Voluntariado no ámbito da axuda humanitaria

Ten lugar en terceiros países nos que se estean desenvolvendo operacións de axuda humanitaria. Esta acción brinda aos mozos de entre dezaoito e trinta e cinco anos a oportunidade de contribuír á sociedade mediante actividades de voluntariado de curta ou longa duración destinadas a mellorar as condicións de vida das persoas necesitadas. Estes proxectos débense levar a cabo de conformidade cos principios da axuda humanitaria de humanidade, neutralidade, imparcialidade e independencia, así como co principio de «non ocasionar danos».

Que actividades poden beneficiarse do apoio?

  • Voluntariado individual
  • Voluntariado en equipo
  • Actividades complementarias

+INFO: https://youth.europa.eu/solidarity/young-people/volunteering-humanitarian-aid_es

FAQ Corpo Europeo de Solidaridade

https://youth.europa.eu/solidarity/faq_es.

Normativa

Reglamento europeo de 20 de maio de 2021 polo que se establece o Programa do Corpo Europeo de Solidaridade 

.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión