Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

QUE É?

A Rede de Servizos Municipais de Información Xuvenil dispón dunha caixa de recursos para actividades sen ánimo de lucro a disposición de todas as asociacións, colectivos, clubs, federacións e outros colectivos conformados por persoas de 14 a 30 anos ou vinculados dalgunha maneira á xuventude. Este servizo ofrécese desde o Espazo de Información Xuvenil do Fórum Metropolitano.

A QUEN SE DIRIXE?

A Caixa de recursos preséntase como servizo orientado fundamentalmente a:

  • Asociacións xuvenís legalmente constituídas.
  • Grupos de xuventude, tanto de carácter estable como aqueles de carácter conxuntural.
  • Entidades prestadoras de servizos á xuventude.
  • Aquelas entidades que, sen ser especificamente xuvenís, desenvolven proxectos de sensibilización coa xuventude ou pola xuventude.

PARA QUE ACTIVIDADES PODO SOLICITAR MATERIAIS DA CAIXA DE RECURSOS?

Aquelas actividades e fins que non sexan contrarios aos dereitos humanos ou que supoñan unha discriminación por razóns de grupo humano, sexo, lingua, cultura, relixión, ideoloxía, condición social ou persoal.

COMO SE SOLICITA?

Facendo unha solicitude de recursos no Espazo de Información Xuvenil do Fórum Metropolitano. O prazo de solicitude de materiais non poderá ser inferior a un día nin superior a seis meses. O material non poderá ser solicitado para máis dunha semana, sen posibilidade de prórroga. En caso de necesitar o recurso por máis tempo será necesario achegar un proxecto á solicitude que permita determinar a dispoñibilidade nas datas que se soliciten.

CANDO DEVOLVO O MATERIAL?

O primeiro día hábil posterior ao termo da actividade o material deberá ser devolto ao Espazo. Os danos do material corren a cargo da persoa ou asociación que os solicitase. En caso de roubo, deberase presentar unha copia da correspondente denuncia do roubo.

DE QUE MATERIAL PODES DISPOÑER?

Actualmente, podes solicitar na caixa de recursos os seguintes materiais:

O SERVIZO DA CAIXA DE RECURSOS NON ESTÁ DISPOÑIBLE NOS SEGUINTES CASOS:

Ademais daqueles supostos que non se adecuen co tipo de actividades xa indicadas anteriormente, a caixa de recursos non estará dispoñible se:

  • A solicitude é realizada por unha persoa particular para desenvolver actividades a título individual.
  • A solicitude é realizada por unha empresa ou similar.

Se necesitas máis información ou queres facer unha solicitude:

Espazo de Información Xuvenil- Fórum Metropolitano

R/ Río Monelos, s/n, 15006 A Coruña.

Tel.: 981 184 294  - WhatsApp 606 36 23 66

Email: cmix@coruna.es

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión