Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Técnico Superior en Desenvolvemento de Proxectos Urbanísticos e Operacións Topográficas (L.O.X.S.E.)

Nivel de estudios
Formación Profesional. Ciclo Superior (GRADO SUPERIOR)
Duración
2000 horas
Información general
Familia Profesional: Edificación e obra civil
Requisitos
  • Título de Bacharel da L.O.E.
  • Título de Bacharel da L.O.X.S.E.
  • curso do bacharelato experimental.
  • Curso de Orientación universitaria (COU) ou preuniversitario (PREU).
  • Título de técnico especialista (FP2), técnico superior ou equivalente para efectos académicos.
  • Título universitario ou equivalente para efectos académicos.
  • Ter superada a correspondente proba de acceso aos ciclos superiores.
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos (participará no proceso selectivo coa cualificación de 5 puntos para os efectos de baremación).
Perfil profesional
Ámbito: Intervir en levantamentos e replaneamentos sobre o terreo de construccións e terreos, auxiliando na súa execución, e intervir en proxectos de infraestructuras viarias e de ordenación do territorio, elaborando planos de trazados, acometidas, abastecementos e de ordenación do solo, tomando datos e aportando, ó seu nivel, solucións ós problemas de representación e dimensionado.

Sectores: Sector da construcción nas áreas de Proxecto e Producción. Os principais subsectores son: edificación (edificios industriais, edificios comerciais e de servicios, edificios singulares, vivendas e rehabilitación), obra civil (aeroportos, estradas, obras marítimas, obras subterráneas, ferrocarrís, conduccións lineais e obras especiais), urbanismo (planos xerais, planos parciais e proxectos de urbanización), noutros sectores productivos onde se realicen levantamentos e replaneamentos sobre o terreo (reparcelacións, primeiras extraccións, construccións metálicas, tendido de liñas eléctricas, etc). En xeral grandes e medianas empresas constructoras; organismos públicos locais, autonómicos ou estatais; estudios de arquitectura, enxeñería, topografía ou urbanismo e, eventualmente, de forma autónoma.

Profesións para as que capacita: Axudante topógrafo, delineante-proxectista de urbanismo, delineante en topografía, delineante en trazados viarios, técnico en cubicacións de obras de terra, técnico en traballos de campo, técnico en levantamentos, técnico en replaneamentos sobre o terreo, técnico agrimensor, técnico en parcelacións, técnico en deslindes, técnico en nivelacións.

Plano de estudios


HORAS TOTAIS

DENOMINACIÓN DOS MÓDULOS

1º, 2º e 3º trimestre

345

Traballos de campo e gabinete

240

Trazados viarios e abastecementos

160

Ordenación urbana

80

Administración, xestión e comercialización na pequena empresa

55

Formación e orientación laboral

4º, 5º e 6º trimestre

110

Replaneamentos de obra sobre o terreo

260

Plans de urbanismo

290

Proxecto de urbanización

380

Formación en centros de traballo

Observaciones
Acceso a outros estudos: Estudos universitarios de grao
Más información

Portal educativo: www.edu.xunta.es/fp

Centros onde se imparte:

  • A Coruña

Coruña, A CIFP Someso Tel. 981282200

Ferrol CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro Tel. 981321565

Santiago de Compostela IES As Fontiñas Tel. 981573440

  • Ourense

Ourense CIFP A Farixa Tel. 988236552

  • Pontevedra

Pontevedra IES Gonzalo Torrente Ballester Tel. 986863612

Vigo IES Politécnico de Vigo Tel. 986213025

Normativa Legal
  • ENSINANZAS MÍNIMAS: Real Decreto 2209/1993, de 17 de decembro (BOE 19-2-94)
  • CURRÍCULO: Real Decreto 135/1994, de 4 de febreiro (BOE 11-3-94). Decreto 266/1999 de 23 de setembro (DOG 15-10-99).
Entidades relacionadas

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión